En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. ¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade?Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?

As entradas para o espectáculo “BACK UP: A RESURRECCIÓN DE NUNO - DE STE XEITO PRODUCIÓNS” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

Ficha artística:

DIRECCIÓN: Cecilia Geijo

DRAMATURXIA: Pilar G. Almansa

DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: José Faro Coti

DESEÑO DE LUCES: José Faro Coti e Laura Iturralde

ESPAZO SONORO: Xavier Bertolo

VESTIARIO: Diego Valeiras

TRADUCIÓN: Roi Vidal Ponte

ELENCO: Pepa Barreiro, Sergio Macías, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro Abad, Nadia Domenech e Stephy Llaryora

COLABORACIÓN ESPECIAL: María Mera

VIDEO: Tafuca Producciones e Deica Audiovisual

FOTO: Serxo Photo

TÉCNICO EN XIRA: Jorge Ramos

COLABORACIÓN VÍDEOS PROMO: Noticias Dispersas Diego Freire Fernandez

ESPAZOS DE CREACIÓN: #nononon e Sala de Teatro Ártika

PRODUCIÓN: Steve Dominguez Fernandez e Stephy Llaryora.

AXUDANTE DE PRODUCIÓN: Anxo Fernández Davila