IX EDICIÓN DE FARO DA ESCOLA

Música para as despedidas e os novos comezos

O CEIP San Salvador adica as páxinas centrais do seu Faro da Escola a un dos traballos grupais máis importantes do curso

No CEIP San Salvador, as despedidas son musicais.

No CEIP San Salvador, as despedidas son musicais. / Cedida

C. M.

O teatro é un dos grandes aliados da educación. Pensádeo ben: unha actividade lúdica que combina nunha soa os beneficios de moitas asignaturas extraescolares, que pasan dende mellorar as habilidades comunicativas ata practicar a memoria mentres gañamos autoestima. E o máis importante: pasándoo ben.

É o caso do CEIP San Salvador, onde este ano retoman o seu Festival das Letras Galegas tras varios anos de parón. Unha cita na que cada curso protagonizará a súa propia actuación e na que os estudantes tamén aproveitarán para representar as dúas obras coas que triunfaron nas XIV Xornadas municipais de Teatro Escolar do Concello. 

‘Baleiro’, escrita en galego e desenvolta polo alumnado de 1º de Primaria, pon en valor a inclusión a través dun curioso persoaxe: un libro que, malia paracelo, non está baleiro, senon que foi escrito en braile. A el unírase un clásico como ‘Grease’, no que tanto o alumnado de 6º de Primaria como as súas familias botaron o resto para representar o musical de todos os musicais.

As saias das actrices fixéronse a man polas familias.

As saias das actrices fixéronse a man polas familias. / Cedida

Protagonistas a toda cor

E unha marabilla así non pode quedar sen documentar: ocupa as páxinas centrais do seu Faro da Escola para esta edición. “Os nenos de sexto deixan o San Salvador este ano, así que non podíamos non darlle a visibilidade que merece esta despedida” explica a súa profesora, Noelia Pérez.

E é que os alumnos e alumnas desta clase representaron Grease no auditorio do Concello, pero tamén no seu centro o mércores pasado (cun esixente público composto polas súas familias) e, quizais a actuación máis importante, no IES de Teis: “Moitos deles comezarán a estudar o ano que ven aí, así que a súa primeira toma de contacto foi moito máis especial, e visitaron o centro calidade de artistas” sorrí a mestra.

“Os nenos e nenas de sexto despídense do cole protagonizando o Faro da Escola”

Os máis pequenos tamén participaron nas representacións.

Os máis pequenos tamén participaron nas representacións. / Cedida

A idea de protagonizar a gran dobre páxina do seu xornal xurdiu de forma natural ao comprobar que non só os alumnos traballaran de forma colectiva para dar forma a esta versión especial de Grease, senón que participaron todos os profesores dende, cada un, a súa especialidade: “Eu como tutora, a profesora de inglés para a letra das cancións, a de música para o ritmo e incluso dende Educación Física para as coreografías ou en plástica, onde prepararon as manualidades para os decorados... E as familias tamén colaboraron, pois as nais dalgunhas alumnas organizaron un obradoiro de costura e entre todos elaboraron as saias para o vestuario”. Un traballo que comezou dende o primeiro trimestre e co que traballaron a expresión oral, a responsabilidade, o traballo en equipo e, sobre todo, a axudarse entre todos.

Valores que tamén practicaron, polo seu lado, os pequenos e pequenas de Primeiro de E.P. , que representaron Baleiro organizados pola súa tutora, Rebeca Medina: unha obra de teatro centrada na inclusión e a diversidade, coa ensinanza de que “aínda que todos os libros sexamos distintos, formamos parte da mesma biblioteca”.