A primeira vez que María Martínez Allegue acudía a un mitin foi para subirse a tribuna e falar. Foi o pasado tres de febreiro na praza de touros de Pontevedra ante máis de 14.000 persoas e con Alfonso Rueda, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy escoitando en primeira fila. Tócáballe intervir por ser a número tres da lista do PP por Pontevedra nas eleccións autonómicas e alí mudaba de técnica a política. E nelo sigue. Non leva nin dous meses de conselleira, pero a exdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e exxefa territorial de Infraestructuras en Pontevedra parece ter feito un máster expres. Domina o seu negociado e xa fala como unha política con experiencia.