Morre un traballador ao quedar atrapado debaixo dun eucalipto en Ribeira
O corpo tivo que ser trasladado no helicóptero 'Pesca 1' debido á difícil orografía da zona
J. M. Ramos
Un traballador perdeu a vida ao quedar atrapado debaixo dunha árbore en Ribeira. O accidente produciuse nunha zona de difícil acceso, na parte alta da Curota, pertencente á parroquia de Oleiros.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16.15 horas, a través dunha persoa que alertou de que un traballador quedara atrapado por un eucalipto e que podía estar morto. Ata o lugar foron mobilizados os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, que tiveron que empregar material de excarceración para poder rescatar a vítima de debaixo da árbore.
Tamén foron mobilizados os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon ao traballador logo de ser liberado, aínda que só puideron confirmar o seu falecemento. O corpo tivo que ser trasladado ata o Hospital do Barbanza no helicóptero de rescate Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia, debido á dificultade que entrañaba a orografía da zona á hora de realizar a evacuación por terra.
Por parte do 112 Galicia tamén se informou do accidente á Policía Nacional, Policía Local e GAEM de Ribeira.
- Alerta máxima de la Policía Nacional a la población por lo que está ocurriendo con el dinero de las cuentas bancarias
- Custodia de los hijos de Rocío Carrasco: "A los niños no los quería tener. Los ha querido pedir y ha ganado dinero pidiéndolos
- El ingreso que pueden solicitar los propietarios de casas con hipotecas previas a 2019
- Una joven que asistió a una cita de 'First Dates' desmonta el programa: "Un paripé
- Isabel Preysler habla del embarazo de Tamara Falcó y de su nuevo amor
- Adiós al dineral de Óscar en Pasapalabra tras perder casi la mitad de la noche a la mañana
- Antonio David regresa a la primera línea tras confirmarse la gran exclusiva: "Me di cuenta de que la persona de la que me había enamorado no estaba ahí en el peor momento
- Doce heridos arrollados por un coche que invadió la terraza de un restaurante en Vigo