As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

Así o decidiu o pleno da institución reunido este venres en sesión ordinaria

As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado.

As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado. / RAG

A Real Academia Galega (RAG) dedicará no ano 2025 o Día das Letras Galegas ao cancioneiro popular.

Así o decidiu o pleno da institución reunido este venres en sesión ordinaria e anunciouno, en rolda de prensa, o presidente da institución académica, Víctor F. Freixanes.

Esta proposta de poesía oral, impulsada pola académica Ana Boullón, xa concorreu o ano pasado no que finalmente se homenaxeou a Luísa Villalta.

Nesta candidatura están incluídas as cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama, a pandereteira Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Malpica), que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.