A actividade da Cidade da Cultura xera un beneficio na sociedade de 24 millóns

O estudo identifica unha serie de colectivos aos que a Cidade da Cultura lles está a aportar valor | Puntúan actividades fóra do mercado

O conselleiro de Cultura, no centro, na presentación.   | // XUNTA

O conselleiro de Cultura, no centro, na presentación. | // XUNTA

Redacción

O beneficio que produce a Cidade da Cultura na sociedade estímase en 23,6 millóns de euros. “Por cada un de investimento público, o Gaiás está a xerar un beneficio de 2,04 euros”, subliñou onte o conselleiro de Cultura, López Campos.

O titular de Cultura realizou estas declaracións na presentación dun informe elaborado en colaboración coa Deusto Business School da Universidade de Deusto.

Segundo López, estas cifras achegan “unha imaxe máis completa do papel que o Gaiás está a xogar para Galicia”, ao sumar ao balance da contabilidade tradicional o valor que se está a xerar a través de cuestións que están fóra do mercado, como pode ser as actividades culturais de balde, a oferta formativa, os espazos de estudo e investigación da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, a cesión das instalacións para organizar eventos, as áreas verdes de lecer...”.

O estudo identifica unha serie de colectivos aos que a Cidade da Cultura lles está a aportar valor: sector cultural, sector educativo, persoas usuarias e visitantes, institucións públicas, colectivos residentes, provedores de servizos, sector turístico ou traballadores.

Durante o proceso de avaliación realizáronse unha serie de entrevistas ou cuestionarios a estes colectivos, de cara a identificar en que eidos a Cidade da Cultura lles aporta valor.

Deste xeito, determinouse que a xeración de coñecemento e divulgación da cultura é un dos eixos de actuación máis valorados do Gaiás, pero non o único, destacando tamén a atracción de programación externa, a formación e programa orientados ao crecemento.