A aventura da delincuente viguesa La Maradona chega á pantalla con Nuria Vil

A presentación da peza audiovisual será o vindeiro luns no Teatro Principal de Pontevedra

Nuria Vil, dentro do vitrasa El Cometa, dos anos 70-80.

Nuria Vil, dentro do vitrasa El Cometa, dos anos 70-80. / Xiana Quintas

Mar Mato

Mar Mato

No Casco Vello Alto de Vigo, na zona da Ferrería, entre finais dos anos 70 e principios dos 80, un nome feminino facía tremer de medo: La Maradona. Era a líder dunha banda de delincuentes xuveniles. A poeta Nuria Vil rescatou a figura para un poema e tamén para unha peza audiovisual que presentará o vindeiro luns no Teatro Principal de Pontevedra e que espera presentar pronto na cidade olívica.

A produción audiovisual, que leva o título “Delincuente”, encádrase na Mostra Internacional de Cinema LGBTIAQ+ e foi dirixida por Alba Domínguez.

Unha das imaxes do vídeo "Delincuente" de Nuria Vil.

Unha das imaxes do vídeo "Delincuente" de Nuria Vil. / Xiana Quintas

Cinema analóxico e un vitrasa antigo

Contén imaxes en Super 8 pertencentes ao arquivo de Manoel da Costa así como outras tomadas o pasado ano nas instalacións de Vitrasa en Camposancos. En concreto, os espectadores poderán ver El Cometa, un autobús da empresa pública de transportes vigueses.

Case todo o equipo participante no traballo está formado por mulleres. Nuria Vil encargouse da produción executiva e compartiu tarefas de guion con Alba Domínguez. Tamén atopamos nos títulos de crédito a Lúa Mosquetera nos bordados.

Nuria Vil é guionista e produtora da peza "Delincuente" sobre La Maradona de Vigo.

Nuria Vil é guionista e produtora da peza "Delincuente" sobre La Maradona de Vigo. / Xiana Quintas

O apoio de máis de 100 mecenas

Ademais, Lucía Aldao e María Lado –que participarán na presentación da peza o luns– tamén aparecen como figurantes. Estarán acompañadas por Angelly Ferreiro que abrirá un coloquio coa xente participante para ofrecer un enfoque “pedagóxico antirracista e decolonial” sobre as construcións sociais nas nosas vidas.

A peza foi realizada tras gañar Nuria Vil a Bolsa Ensaia 2022 e recibir apoio nunha cmapaña de mecenazgo en Verkami na que participou máis dun cento de persoas.

Acto aberto a quen queira ir

Antes da súa realización, Vil –que publicou con Chan da Pólvora o poemario “Simún”– sinalara a FARO que procuraba refacer o imaxinario de La Maradona lonxe do marco masculino hexemónico de xeito que o cinema quinqui tamén teña pegada feminina e de persoas diversas.

O acto de presentación está aberto á cidadanía ata encher a sala.