A aventura da delincuente viguesa La Maradona chega á pantalla con Nuria Vil
A presentación da peza audiovisual será o vindeiro luns no Teatro Principal de Pontevedra
No Casco Vello Alto de Vigo, na zona da Ferrería, entre finais dos anos 70 e principios dos 80, un nome feminino facía tremer de medo: La Maradona. Era a líder dunha banda de delincuentes xuveniles. A poeta Nuria Vil rescatou a figura para un poema e tamén para unha peza audiovisual que presentará o vindeiro luns no Teatro Principal de Pontevedra e que espera presentar pronto na cidade olívica.
A produción audiovisual, que leva o título “Delincuente”, encádrase na Mostra Internacional de Cinema LGBTIAQ+ e foi dirixida por Alba Domínguez.
Cinema analóxico e un vitrasa antigo
Contén imaxes en Super 8 pertencentes ao arquivo de Manoel da Costa así como outras tomadas o pasado ano nas instalacións de Vitrasa en Camposancos. En concreto, os espectadores poderán ver El Cometa, un autobús da empresa pública de transportes vigueses.
Case todo o equipo participante no traballo está formado por mulleres. Nuria Vil encargouse da produción executiva e compartiu tarefas de guion con Alba Domínguez. Tamén atopamos nos títulos de crédito a Lúa Mosquetera nos bordados.
O apoio de máis de 100 mecenas
Ademais, Lucía Aldao e María Lado –que participarán na presentación da peza o luns– tamén aparecen como figurantes. Estarán acompañadas por Angelly Ferreiro que abrirá un coloquio coa xente participante para ofrecer un enfoque “pedagóxico antirracista e decolonial” sobre as construcións sociais nas nosas vidas.
A peza foi realizada tras gañar Nuria Vil a Bolsa Ensaia 2022 e recibir apoio nunha cmapaña de mecenazgo en Verkami na que participou máis dun cento de persoas.
Acto aberto a quen queira ir
Antes da súa realización, Vil –que publicou con Chan da Pólvora o poemario “Simún”– sinalara a FARO que procuraba refacer o imaxinario de La Maradona lonxe do marco masculino hexemónico de xeito que o cinema quinqui tamén teña pegada feminina e de persoas diversas.
O acto de presentación está aberto á cidadanía ata encher a sala.
A poesía escénica, un novo modo de expresión
Temas
Más en Sociedad
-
La ruta de los gigantes: enormes ballenas surcan los mares de la Región de Murcia en verano
-
Cambia el tamaño de las maletas de mano en los aviones: estas serán las nuevas medidas y cuándo entrará en vigor
-
Este es el nuevo permiso laboral que tienen los trabajadores para el 2024
-
Operación de la Policía Nacional contra el tráfico de diamantes de sangre