A RAG procura colaboradores para a recolla dos nomes de lugar nunha ducia de concellos

Vigo lidera as achegas a “Toponimízate” con máis de 6.000

Vista de Baiona desde el Galiñeiro.

Vista de Baiona desde el Galiñeiro. / Marta G. Brea

A campaña de divulgación da toponimia galega “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra” procura persoas e entidades que colaboren na recolla de nomes de montes, leiras, fontes, camiños, regos, devesas e outros microtopónimos para a plataforma Galicia Nomeada.

A iniciativa, coordinada e desenvolvida pola Real Academia Galega co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegará entre xuño e novembro a Salceda de Caselas, Barro, A Illa de Arousa, Camariñas, Tordoia, Boiro, Abadín, Antas de Ulla, Láncara, Cualedro, Vilar de Santos e A Arnoia. Vigo lidera as achegas con máis de 6.000.