Entrevista | Janet Novás Premio á mellor actriz revelación
“A película invita a esa crudeza e esa beleza da vida”
“‘O corno’ invita ao detalle, o íntimo”
![Janet Novás recolle o premio por “O corno”.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/83d1f13c-7c5c-4273-be54-d82b1a51cfa6_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Janet Novás recolle o premio por “O corno”. / JOSÉ OLIVA
Charo Barba
Janet Novás conseguiu o Goya polo seu papel en O Corno, a película de Jaione Camborda que trata sobre a sororidade, que a bailarina considera “un impulso vital”.
–Como se sente un día despois de recoller o Goya?
–Moi emocionada e moi contenta polo recoñecemento ao meu traballo e á película. E moi agradecida tamén polo cariño que estou recibindo da xente.
–Cando dixeron o seu nome, treméronlle as pernas?
–Este tipo de galas e o mundo do cinema ten moitísima exposición, son moitos estímulos moi fortes en moi pouco tempo e, evidentemente, ten un impacto no corpo. Hai que ir xestionándoo pouco a pouco, pero foi moi bonito.
–Vostede vén da danza. Resultou moi difícil interpretar ou a danza facilita as cousas?
–Non sabería dicir como é doutra maneira se non bailas porque como levo bailando toda a vida non me podo poñer noutro lugar. Jaione chamoume a min por ese motivo, porque era unha personaxe física e ela precisaba buscar un corpo que xa tivera un achegamento con esa característica.
–Como chegou á súa personaxe, María?
–Foi un traballo de moita conversa con Jaione, de ir coñecéndonos, ela coñecéndome a min, eu de ir coñecendo a personaxe falando con Jaione, ela entendendo como podía dirixirme para achegarme ao que ela quería. E foi así como, compartindo, e eu ofrecéndolle propostas e, pouco a pouco, foi aparecendo María... a traves tamén do traballo coas mariscadoras... o que eu fun facendo de memoria co corpo... e de observar... Vaise pulindo día a día, pouco a pouco, vai aparecendo un tono da voz, unha maneira de camiñar. É unha película que che invita ao detalle, o íntimo.
–Apetécelle seguir na interpretación?
–Se saen oportunidades, por suposto. Como digo eu, entrei no mundo do cine a través de Jaione e para min a experiencia con ela foi marabillosa. Se sempre é así ou parecido, eu asino onde faga falta.
–A película xira arredor da sorodidade e dedicoulle o premio ás avoas. Cre que as avoas, ou as mulleres desa época, aínda que non coñecían a palabra, si a practicaban?
–Por suposto. É un impulso vital. E máis antes, cando había que calar certas cousas, non podían expresar moitos pensamentos. Incluso ás veces utilizaban o humor. Foi un pouco como o vivín. Ían buscando maneiras de atravesar a vida non para que fora máis lixeira, senón menos pesada. E penso que unha desas maneiras era a sororidade. Pero que non tiña que ver con levarse ben ou mal. De feito aparece na película, coa rapaza portuguesa, que axuda a María pero tampouco hai unha relación de grande amizade. A película invita a esa crudeza e esa beleza da vida. Non hai moito máis. É a auga, a terra, as mans, a mirada, cousas esenciais. Eu falo sempre das mulleres de Galicia porque son as que a min me tocaron, pero é algo universal. Agora mesmo en Gaza, estano pasando situacións realmente difíciles.
- El mensaje de Jorge Javier a los 'Mozos de Arousa' por lo que ha ocurrido con su madre
- Ya es oficial: los trabajadores que ganen menos de 1.350 euros podrán cobrar el paro y su sueldo al mismo tiempo
- La Policía Nacional pone en guardia a la población española: máximo cuidado con este número de teléfono
- Los 'Mozos de Arousa' se despiden de Telecinco: Mediaset suspende el programa pese a los buenos datos de audiencia
- Isabel Pantoja recibe el alta tras ser ingresada de urgencia en Córdoba
- El personaje de la serie de Netflix inspirado en la abogada gallega arrastrada al narcotráfico por amor
- La audiencia estalla por lo que se pudo ver en directo durante la emisión de First Dates en Cuatro
- Gonzalo Bernardos lanza este importante consejo a quienes vayan a comprar un piso: 'Os recomiendo que...