Diego Ameixeiras, Xavier Lama e Antía Yáñez, finalistas dos Fernández del Riego

Á nova edición do certame presentáronse 27 traballos de gran calidade, gaba o xurado

REDACCIÓN

Diego Ameixeiras Novelle por o artigo “A metade do inverno vai fóra”, publicado en La Voz de Galicia, Xavier Lama, con “Unha casa con alma de inverno”, en Mundiario y Antía Yáñez Rodríguez, por “Medrar”, en Luzes, proclamaronse onte finalistas do premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, que chega neste 2024 á súa 21 edición.

Víctor Freixanes, Carlos Valle, Xosé Carlos Caneiro, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Mar Mato integraron o xurado calificador que evaluou os 27 traballos que se presentaron a esta edición.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, destacou a calidade literaria “admirable de todos os traballos presentados” que, ademais, reflectiron unha enorme riqueza temática con “temas diversos como os conflitos do mundo, o universo da aldea, as relacións cos vellos, das nais e os abós con máis novos... Todos tratados con esixencia e calidade”.

María Teresa Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación, pola súa banda, suliñou a ardua tarefa do xurado, dada a calidade dos textos presentados, como o papel esencial do xornalismo para “trasladar o coñecemento á sociedade”.

O fallo farase público no vindeiro mes de novembro.