María Soa | Voz, piano e percusión no dúo Fillas de Cassandra

“Por España é incrible ver ao público cantar en galego e que mesmo tenten falalo contigo”

“Coas nosas letras feministas nunca pretendemos ser un grupo loita, pero si que hai algún tipo de reivindicación porque as nosas cancións non podían ser doutra forma”

Sara Faro y María SOA anuncian su nuevo sencillo

Sara Faro y María SOA anuncian su nuevo sencillo / Cedida

Carla Tilve

A Casandra outorgóuselle o don da clarividencia que lle permitiu predecir a caída de Troia. Pero rapidamente o don se convertiu en maldición: a súas palabras nunca foron creídas e Troia ardeu. Como “herdeiras dunha estirpe loitadora”, María SOA (1996) xunto a Sara Faro (2001) decidiu dar forma ao esquecemento feminino co seu proxecto Fillas de Cassandra. Como un nexo de unión entre o pasado e o presente, o dúo vigués é xa un dos referentes da nova escena galega. O seu primeiro álbum Acrópole (2023), acollido con éxito polo público, reinterpreta a mitoloxía clásica desde unha perspectiva feminista.

Hoxe estrean a súa última novidade: d’ESCARNIO, un ritual para desfacerse da ira coa estética dunha cantiga de escarnio e maldizer. Entre a queixa satírica e un exercicio de autocrítica e introspección, d’ESCARNIO é un tema electrónico e compacto producido por Mumbai Moon e Greta Ch’aska que non abandona as raíces dos seus artistas. Ademais de nas principais plataformas dixitais, o seu novo sinxelo xa se pode escoitar nos directos da xira Últimas Dionisíacas.

Despois de pasar por Ou Son do Camiño e Marrocos, o próximo 17 de agosto, Pontevedra poderá formar parte do seu Acrópole. Sobre o seu novo tema, a industria da música e a súa faceta política conversa María SOA.

–Atopánse na xira de Últimas Dionisíacas, que pasou por O Son do Camiño, Marrocos ou polo Festival de Ortigueira. Como é ver a maduración do proxecto cando se sitúa xa como un referente na nova escena galega?

–A verdade é que é moi impresionante. Pero á súa vez, queriamos darlle unha volta aínda máis a Acrópole, xa que puxemos moito traballo e moito esforzo en facer o espectáculo tal e como o concibimos. Estamos verdadeiramente contentas de poder festexar a deconstrucción de Acrópole por medio das luces, cancións, escenografía... e de recoller os froitos do noso proxecto.

–Deconstrúen a Acrópole, deconstrúen os mitos clásicos desde unha perspectiva feminista, actual e galega. Estase deconstuíndo a imaxe de Galicia fóra dela a través desta nova escena?

–Pois concretamente en Marrocos moitas veces as letras non se entenden, pero a música chega doutro lado. A imaxe que se dá chega doutra maneira. É un logro ir fóra e ver que as nosas raíces conectan con outras raíces en lugares moi diversos. Por España é incrible ver ao público cantar en galego e que mesmo tenten falar contigo en galego. Creo que agora mesmo, como a mirada está posta en Galicia, dalgunha maneira estamos reconfigurando esa descrición da música en galego e así desfacendo moitos dos prexuízos que existen. A industria musical está a cambiar neste sentido.

–Por iso pode pensarse que neste contexto a soa escolla de cantar na nosa lingua é de seu un acto político.

–Totalmente de acordo. Existe unha relación entre música e política. É un movemento político, porque todas as nosas accións como persoas son dalgún modo tamén políticas. Incluso quen se mantén á marxe estase posicionando claramente. Coas nosas letras feministas nunca pretendemos ser un grupo loita. Pero si que hai algún tipo de reivindicación, porque as nosas cancións non podían ser doutra forma. Deixamos a nosa opinión clara. Na apertura de Antígona marcamos unha pouco sentenza ao tratar a silenciamiento por ser muller e galega.

–Tamén exploran o tema da identidade xunto a Tanxugueiras en “Quen é a que canta?”

–Creo que é parte da escena de moitos grupos que, como no noso caso, usamos a música de raíz tradicional como unha ferramenta que utilizamos porque parte da nosa identidade e sérvenos para abordar outros estilos. Con Tanxugueiras queriamos partir da idea de cinco persoas ao miran ao pasado para comprenderse.

“O da Peregrina vai ser un concerto moi especial. Temos ganas de arriscar e pasalo ben”

–Hoxe sae o voso novo sinxelo, d’ESCARNIO, que xa definides como “unha tolerancia auditiva para desfacerse da ira”. Que nos podemos atopar nel?

–É unha produción bastante arriscada. A canción lévanos acompañando moito tempo. Ao longo destes dous anos pasamos por moitas experiencias que nos fixeron reflexionar sobre a ira e o espazo que ocupa. Non é unha canción na que falemos desde a rabia ou enfado contra alguén, pero si é un pouco basta. Basta no mellor dos sentidos, pois hai moitos golpes, hai moitas sensacións diferentes. Pasa por varios procesos. Un no que aceptas esa ira, outro no que a sentes e gritas de rabia e un último onde te liberas dela cantando e bailando.

–Estamos ante unha nova era de Fillas de Cassandra, unha Medieval Era? Virá un novo álbum?

–Pois non sabemos a verdade. Cando acabamos a canción vimos que tiña unha estética das cantigas de escarnio e maldizer, pero modernizada. Temos varias cousas en mente, facer recompilacións etc. Xa en Ortigueira presentamos o sinxelo cunha introdución feita para iso, que é unha pouco tolemia.

–Algunha sorpresa reservada para máis adiante, como para A Peregrina?

–Pois claro. Non temos nada planeado que podamos dicir aínda, pero vai ser un concerto moi especial. Temos ganas de arriscar e pasalo ben.

Suscríbete para seguir leyendo