A muiñeira é interxeracional

Artur Puga, bailarín integrante do grupo As Tanxugueiras, fixo un obradoiro cos estudiantes do IES O Couto para visibilizar e fomentar a cultura tradicional galega

Tres estudantes, xunto coa profesora de música Gemma Domínguez, e o bailarín Artur Puga.   | // IÑAKI OSORIO

Tres estudantes, xunto coa profesora de música Gemma Domínguez, e o bailarín Artur Puga. | // IÑAKI OSORIO / A. G. Tesouro

Que As Tanxugueiras supuxeron un bum non hai dúbida e que grazas a ela a visibilización da cultura galega é un orgullo máis, tampouco deixa ningún ápice de titubeo. O bailarín, integrante do grupo galego, Artur Puga (Vigo, 1997) realizou un obradoiro na pista polideportiva do IES O Couto no que participaron catro grupos de estudantes na aprendizaxe, na formación e tamén na visibilización e na transmisión da cultura galega.

O vigués comenta que “dende o Benidorm Fest, a principal diferenza que atopo nos obradoiros que fago, e que os participantes xa saben quen vén e eso failles estar máis proactivos en algo que normalmente, e sobre todo antes, non lles apetecía moito facer que era o baile tradicional, pero agora que nos coñecen e me coñecen lles xenera máis curiosidade. E engade que “si si chámanme polo nome e aínda máis, pídenme hasta fotos”.

“Nótase unha maior participación e máis recepción dende que foi o festival"

Durante as sesións, fronte o espello do polideportivo, xera confianza no estudantado e promove unha actividad física, como é o baile, que requiere memorización e concentración. Sobre os seus obradoiros antes e despois do festival di que “nótase unha maior participación e máis recepción dende que foi o festival, pero mogollón. Xa levaba moitos obradoiros antes, de centros que me chaman, que normalmente eran os mesmos, pero no estudiantado noto que eles e elas, de súpeto, recoñecen algo que antes non recoñecían e eso non quere dicir que o saír do obradoiro vaian a bailar a un sitio directos, pero polo menos aquí están máis proactivos para profundizar na música tradicional e no baile e o final decátanse que lles gusta”.

O profesional da danza galega di que “o Benidorm Fest foi un punto moi importante e sempre xera preguntas, e eu doulles espazo para preguntar o que queiran. Un pouco dinme se para mín foi un tongo, se o pasei ben, se temos moitos concertos”.

Un instante da sesión no polideportivo do centro educativo.   | // I.O.

Un instante da sesión no polideportivo do centro educativo. | // I.O. / A. G. Tesouro

Artur Puga busca en cada sesión que eles e elas recoñezan a música ou un baile de actualidade, para poder ligalo coa tradición galega e buscar esa conectividade ou ligazón que sorprenda o estudiantado e chame a súa atención para por en valor o noso. Di que “por exemplo, a canción ‘Terra’ e a música que fan as Tanxugueiras e algo temporal e atemporal o mesmo tempo, porque fala da música tradicional de raíz, pero ademáis trae sonoridade que eles recoñecen. Enton por ahí vai un pouco o obradoiro, traerlles o que se facía antes e por que e como se facía pero visto no mundo de hoxe”.

Sobre se na participación inflúe o xénero explica que “sempre hai máis rapazas que rapaces, pero creo que lles interesa por igual. Tamén a adolescencia é unha etapa complicada e moitas veces o que lles pasa é que non queren exteriorizar que lles gusta demasiado. Pero cando se poñen no obradoiro síntese que lles gusta, que lles mola”.

"Sí que houbo estereotipos e eu, por exemplo, sufrinos tamén cando era pequeno"

E profundiza dicindo que “cada vez menos, e menos mal , hai menos estereotipos de cara o home bailarín e tanto para os que empezan como os que xa estamos. Sí que os houbo e eu, por exemplo, sufrinos tamén cando era pequeno e a veces tamén é un pouco o que nós temos na cabeza que o realmente exercido pola sociedade. Hainos e seguirán habendo como todo, pero hoxe todo o mundo pode bailar e non ter prexuizos”.

Gemma Domínguez é a profesora de músic do IES O Couto no que imparten clases de expresión corporal e sacan a música das cadeiras das aulas mediante obradoiros e actividades. “Fai pouco participamos nunha actividade que se chama ‘Musiqueando’ no que había máis dun centenar de estudantes no patio do colexio, e na que tamén participaban 30.000 colexios de toda España, bailando ‘Terra’ de As Tanxugueiras, nótase unha maior receptividad a hora de bailar, pero sinten un pouco de vergonza”, di a docente.

Artur pretende xerar a atención das xeracións máis novas e comenta que “moitas veces póñolles temas, que eles mesmos recoñecen de hoxe en día, e fago a muiñeira por riba coa pandereta, entón eles e elas míranme  cos ollos abertos. Moi probablemente non recoñecen a tradición da música das aldeas de fai moitos anos, pero sí que recoñecen o que eles teñen. O que se hai hoxe en día non é diferente o de antes”. A muiñeira non entende de xeracións, e interxeracional.