“Xente marabillosa” regresa esta noite á TVG onde, a partir las 22.40 horas, abordará os excesos do consumo de alcol por parte da xente nova e as súas consecuencias. Deste xeito, a nova entrega do programa abordará un problema que está acadando datos moi preocupantes xa que a idade na que os rapaces empezan a experimentar coas bebidas alcólicas descendeu de xeito alarmante ao tempo que se incrementou o volume da súa inxestión. Tamén porá sobre a mesa o feito de que existe unha asociación directa entre a bebida e o tempo de lecer dos adolescentes.

Neste caso, o padriño do programa é Pedro García Aguado, campión olímpico e mundial de wáter-polo, moi coñecido por presentar o programa “Hermano mayor”. Contará a súa experiencia tras sufrir adiccións no pasado e contará o seu presente, dedicado a axudar a mozos que teñen o mesmo problema que el tivo no seu momento. Xunto a él estará o atleta vigués Gonzalo Basconcelo, que deu a coñecer o seu problema co alcol a través dun fío de X (antiguo Twitter) que tivo moita repercursión.

Presentado, como é habitual, por Lucía Rodríduez, os invitados falarán das súas experiencias trala exposición da problemática abordada no programa. Pero os testemuños dos entrevistados contarán coa estrea de dúas novas cámaras ocultas. O seu obxetivo é evitar a normalización das conductas asociadas á inxestión masiva de alcol.

Deste xeito, na emisión desta noite veranse as imaxes de como unhas mozas intentan forzar a unha compañeira para que beba. A rapaza negarase e explícalles que non quere porque lle senta mal, pero as amigas seguirán coaccionándoa para que beba dicíndolle que se non o fai non deixarán que vaia con elas a unha festá á que están convidadas.

Neste punto, dúas persoas “marabillosas” intervirán para impedir que a moza consuma alcol contra a súa vontade. E como xa é tradición, acudirán ao estudio para recoller o trofeo do programa ao tempo que reciben unha homenaxe cargada de sorpresas.

Finalmente, os momentos musicais correrán a cargo do grupo Lontreira. Na súa actuación, interpretará os temas “Ata a volta” e “Corazón de toxo”. Esta última composición foi a gañadora do concurso da canción do verán realizado pola CRTVG no ano 2022.