Entrevista | Antón Coucheiro Director e fundador da compañía de Pistacatro

“Hai moitas cousas que os paiasos nos poden ensinar”

A morte digna, en clave de clown, representada por Aitor Garuz e Jano Costas

Aitor Garuz e Jano costas, paiasos de Pistacatro.   | // FDV

Aitor Garuz e Jano costas, paiasos de Pistacatro. | // FDV

Marta Hernández

A Praza da Constitución de Cangas será hoxe (20:30 horas) escenario do espectáculo de circo de Pistacatro. Esta compañía e produtora, fundada no ano 2006, busca ser un catalizador entre púbico y proyectos para a xeración de cultura mediante a distribución de producciones, tanto propias coma de fóra. Representa “Latexo”, unha celebración da vida e a amistaze, onde a morte digna é vista dende a mirada máis humorística.

–Como xorde a idea de crear “Latexo”?

–Aitor e Jano tiñan unha idea duns paiasos que están enfermos. A idea é o latexo do corazón, o que nos achega a vida, o que achega a estas dúas personaxes, que se atopan neste momento de fraxilidade.

– Vivimos nunha época no que a “xeración de cristal” mira todo o humor con lupa. Como encaixa un espectáculo coma “Latexo” no que se humoriza un tema tabú como é a morte digna?

–O paiaso moderno sempre tratou os temas sociais de actualidade, o que lle pasan as persoas. Non é só a maleta e o gag. Esa é unha das funcións dos paiasos, que a través da risa e do contato coas persoas, se poden tratar os temas de actualidade e poden ser máis ou menos controvertidos.

– Un espectáculo de clown sempre foi dirixido a un público infantil, pero o seu está dirixido a un máis xuvenil. Creen que existe diferencia na recpeción destes espectáculos estos dous tipos de público?

– O clown é para nenos, pero de 5 a 99 anos. É moi transversal, porque ao traballar coa risa e con elementos moi esenciais do ser humano, son cousas que todas as persoas poden comprender.

– Coa gran variedade de espectáculos que hai, considera que o clown está en recesión o segue tendo forza?

– Que haxa moitos espectáculos é boi, non o considero competencia. A xente, se hai actividade, gústalle saír á rúa.

– Que mensaxe se pretende transmitir con esta obra?

– Que a enfermidade e a morte, que a saúde mental son cousas que están ahí e que se a miramos a través do xogo,a través da risa, é unha maneira de aceptar as cousas, de traspasalas. Que hai moitas cousas que os paiasos nos poden ensinar. E a non toarnos tan en serio a nós mesmos nin a nosa situación político e social.