Patricia Vázquez | Actriz

“As artes escénicas é o que amo e poder vivir do que amas é marabilloso”

A intérprete televisiva exerce hoxe de pregoeira para levantar o telón da 41 edición da Mostra no Auditorio de Cangas

A actriz Patricia Vázquez no seu papel na obra “O porco de pé”.   | // FDV

A actriz Patricia Vázquez no seu papel na obra “O porco de pé”. | // FDV

Foi a xuiza Sabela Muiños nas últimas temporadas da popular serie da TVG “Mareas vivas”, dende 2008 ata 2015 deu vida a Lidia en “Padre Casares” e dende 2011 a Elvira en “Era visto!”. Hoxe, a actriz Patricia Vázquez representa un novo papel, o de pregoeira da Mostra Internacional de Teatro de Cangas na súa 41 edición. O pregón será as 21:00 horas no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela, tras o cal o público poderá asistir a primeira das representacións de sala do festival, con nove espectáculos neste auditorio ata o 7 de xullo.

–Lembra o seu primeiro papel?

–O primeiro papel que fixen na miña vida, foi de profeta Isaías, no festival de Nadal do Rosalía. Pero o primeiro papel profesional, foi en Yerma de F.ederico García Lorca co Centro Dramático Galego.

–Arrepíntese de non haber sido administrativa-funcionaria? O digo porque vostede empezou traballando como administrativa no antigo Hospital Xeral de Santiago.

–En absoluto arrepíntome de ter cambiado de oficio. Houbo momentos complicados, pero pagou a pena.

–Que teñen as artes escénicas que non aportan outros oficios?

–- As artes escénicas é o que amo. Poder vivir do que amas, é unha sensación marabillosa.

–En que papel se sentiu mellor?

–Nos últimos tempos, no de Sharon, da “Compañeira de piso”, de Contraproduccións. E nos nove que facía en “O porco de pé”, de Excéntricas.

–Esta é unha pregunta que de seguro lle fixeron moitas veces. Televisión, teatro ou cine?

–Non se pode escoller. É como preguntarlle a unha nai, a que fillo quere máis.

–¿A xente xove non vai ó teatro?

–Moi pouca.

–Coma ve as plataformas de streaming que tanta audiencia están teñendo?

–A min ás novas canles de comunicación parécenme todas fantásticas.

–Hoxe súbese ó escenario do Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela como pregoeira da Mostra de Cangas. Que trasladará ao público?

–Como comprenderá, non vou destripar o pregón. Vou ser breve, que xa se sabe, que o bo si breve ....

–Actuou nalgunha das edicións da Mostra; que recordos ten deste festival que xa cumpre 41 anos de vida?

–Si teño actuado en varias edicións da Mostra, e teño moi bos recordos. O público en Cangas, é moi receptivo. E os festivais, son un marco estupendo, para ver teatro. E xa, si é en Cangas, non se pode pedir mais.

Suscríbete para seguir leyendo