O CEIP de San Roque chega ás bodas de ouro

Os pais da APA de 1974 construiron as gradas do patio e o pabellón cuberto foi reconvertido co Plan E en polideportivo

Inauguración do colexio o 13 setembro 1974, con autoridades e a Miss Cangas.   | // ARQUIVO XERARDO DASAIRAS

Inauguración do colexio o 13 setembro 1974, con autoridades e a Miss Cangas. | // ARQUIVO XERARDO DASAIRAS / Xerardo Dasairas

Xerardo Dasairas

Tras as Escolas graduadas, comenza en 1969 a elaboración da Ley General de Educación y Financiamiento de la Reforma Educativa, aprobada o 4 de agosto de 1970. Desde esta data comezaría un intenso labor de construcción de grandes centros escolares (Concentracións) nos que se puidesen impartir os oito cursos da nova Lei, baixo a denominación de Enseñanza General Básica (EGB) que escolarizaba aos alumnos desde os seis aos catorce anos. O colexio CEIP de San Roque, que nos anos oitenta, tiña o maior número de alumnos de Cangas, conmemora hoxe os seu 50 aniversario.

O colexio de Darbo e máis o do Hío, empezaron a construirse en marzo de 1972 pola empresa Malvar S. A. de Pontevedra, sendo rematada a estrutura nun tempo record. Durante o ano seguinte procedeise á dotación interior do mesmo estando listo para funcionar no curso 1973 - 74. Neste curso só foron incorporadas as unitarias máis próximas, as do Seixo e Balea pois os accesos ao centro, que corrían por conta do Concello non foron feitos ata tempo despois. Co inicio do vindeiro curso, as autoridades locais e provinciais inaugurarían oficialmente o colexio o 13 de setembro do 1974, sendo tamén bendicido polo párroco de Darbo. Como contemplaba a Lei, o centro contaba con comedor e transporte escolar, de aí o condicionante dos accesos.

Unha imaxe do patio de San Roque no 2000 e na actualidade coas coñecidas pistas de tenis.   | // G.N.

Unha imaxe do patio de San Roque na actualidade coas coñecidas pistas de tenis. / G.N.

A finais dos oitenta, o colexio xa superaba os oitocentos alumnos sendo o de maior matrícula do concello. Isto vai provocar que para o inicio do curso en 1987 se proceda ao seu desdobre, destinando parte dos alumnos ao novo colexio de primaria de Montecarrasco. Coa chegada da LOGSE en 1990, Montecarrasco convértese en centro da ESO, absorvendo parte do profesorado de San Roque que vai adoptar agora, como os outros, o nome de CEIP (Centro de Educación Infantil e Primaria) de San Roque.

Mestres que exerceron no colexio.   | // ARQUIVO XERARDO DASAIRAS

Mestres que exerceron no colexio. / Arquivo Xerardo Dasairas

Despois de varias leis de educación (LODE, LOE...) o Colexio foi evolucionando neste sentido, incorporando as novas tecnoloxías e métodos de ensino, alcanzando desde hai unha década a deficición de CEIP Multilingüe San Roque.

A primeira promoción do colexio en 1974.

A primeira promoción do colexio en 1974.

Unha vez que todos os alumnos das unitarias estiveron no colexio e segundo a Lei procedeuse á constitución da Asociación de Pais de Alumnos (APA) o 23 de novembro de 1974 sendo primeiro director do centro o mestre César López Freire. Este, xunto coa Asociación de Pais, presidida polo industrial José Rodal Portas, van poñer en marcha o comedor que vai acoller a 400 alumnos (os mesmos que pais asociados) pagando 300 pts. por rapaz e curso e creando unhas becas para que coman os alumnos máis necesitados. Unha das actividades máis febriles que realizou a APA foi a construción das gradas e mellora dos patios de recreo.

Nais constriundo as gradas. | // G.N.

O patio do colexio no ano 2000. / G.N.

Para as actividades extraescolares contratan un profesor de danza galega, outro de coro e una profesora de danza rítmica, participando tamén nas Cabalgatas de Reis cunha carroza ou axudando a mercar os libros de texto. Como o colexio non contaba ainda con ensino preescolar, a APA e máis o director emprenden un plan de recuperación das escolas unitarias e as aulas de Massó para albergar os escolantes de tres a seis anos, que serían os futuros alumnos do centro. Entre os plans de futuro que barallaban, estaba o de impartir clases de Formación Profesional que ao final se reduciron a clases extraescolares de mecanografía.

Goberno de 2010 no pabellón.   | // FDV

Goberno de 2010 (Clara Millán, xunto a Héctor Otero e Toñi Queimaño) na visita ás obrsa do novo pavillón. / G.N.

A mellora das instalacións do centro foise realizando paulatinamente ao longo dos anos: Accesos de entrada, porches, xardíns, portas interiores, cubertas, pistas deportivas, patio de infantil, aparcamento... Moitas obras menores correron a cargo do propio centro, as de mantemento eran obriga do Concello e as de envergadura correspondíanlle á Delegación de Educación que non sempre atendía aos requerimentos. Un dos maiores logros foi a donación pola Deputación dunha estrutura que albergou un pavillón cuberto durante anos ata que foi reconvertido nun pavillón polideportivo a cargo do chamado Plan E estatal e que foi inaugurado o 19 de febreiro do 2011 polas autoridades.

Profesorado en 1975.

Nais que construían as gradas do ptio do colexio. / Arquivo Xerardo Dasairas

No ano 1974 crearíase un pioneiro Grupo de Baile Gallego no colexio para ensinar e conservar entre os alumnos a música, o baile e o traxe típico galego. As seccións estaban dirixidas por Mª Carmen Pérez e patrocinados pola APA. Comezaron participando nos festivais de fin de curso e logo en concursos provinciais, Día da Muiñeira, festivais de diversas entidades... Estas seccións de distintas idades, únicas daquela en Cangas, tamén actuarían, a petición do Concello, diante dos Reis de España, don Juan Carlos e dona Sofía cando inauguraron a Casa do Mar en 1976.

O colexio de San Roque chega ás bodas de ouro

Profesorado no ano 1975. / Arquivo Xerardo Dasairas

O colexio conmemora hoxe o seu 50 aniversario cunha xornada de portas abertas, porla mañá, con familias, antigos alumnos e profesorado, e cunha exposicion de fotos e actuacións de baile.

(*) Mestre de Cangas e investigador da súa historia

Suscríbete para seguir leyendo