Peligra a inscripción fundacional de San Martiño

O cronista oficial de Moaña pide solución ó deterioro dunha das gravacións en latín da fundación do templo

Inscripción fundacional a carón da portal meridional, na actualidade.   | // MANUEL UXÍO GARCÍA

Inscripción fundacional a carón da portal meridional, na actualidade. | // MANUEL UXÍO GARCÍA / Manuel Uxío García

Manuel Uxío García

Co obxecto de complementar un traballo sobre as inscricións da igrexa de San Martiño, depositado na Biblioteca Municipal de Moaña; seu autor, o catedrático xubilado de latín moañés, Xosé B. Rpdríguez Parada escribiu o seguinte: “Posúe a igrexa tres inscricións gravadas sobre os muros románicos. Unha está sobre o tímpano da porta principal, acubillada baixo a arquivolta que a protexe, polo que se conserva en bo estado; foi mandada gravar a partir de 1184 polo nobre Fernando Arias, cuxo nome figura na parte final da mesma. Outra inscrición está a carón da porta meridional, á altura do lintel; por carecer de protección arquitectónica a estrutura granular da pedra foise descompoñendo co paso do tempo e na actualidade atópase moi deteriorada, a piques de desaparecer para as próximas xeracións, a pesar da importancia histórica que ten por tratarse da inscrición fundacional do ano 1197. Unha terceira inscrición, no muro setentrional, carece de importancia para coñecer as orixes da igrexa románica, pois é resultado dunha actuación posterior, no século XVIII”.

A inscripción no 2016 cando foi transcrita.   | // MANUEL UXÍO GARCÍA

A inscripción no 2016 cando foi transcrita. | // MANUEL UXÍO GARCÍA / Manuel Uxío García

Con respecto á inscrición, “moi deteriorada”, o catedrático describe en dito traballo: “O estudio epigráfico, coa axuda de medios dixitais, lévanos a relacionar ambas as dúas inscricións co personaxe Arias, quen mandou facer a igrexa consagrada no ano 1197. Ao non ter constancia de que fora transcrita e traducida anteriormente na súa totalidade, no outono de 2016, coa colaboración do arqueólogo Eloy Martínez Soto e a coordinación do investigador local Manuel Uxío García Barreiro, púxose en marcha un estudio interdisciplinar con esta finalidade. Eloy Martínez aplicou técnicas dixitais á inscrición para realizar un levantamento fotogramétrico dos caracteres gravados na pedra”.

Traballo para descifrar a inscripción.   | // ELOY MARTÍNEZ SOTO

Traballo para descifrar a inscripción. | // ELOY MARTÍNEZ SOTO / Manuel Uxío García

Desta maneira, lográronse descifrar case todas as letras que compoñían unha inscrición en latín chea de abreviaturas que o experto catedrático conseguiu transcribila na súa totalidade para obter a seguinte tradución ao idioma galego: “NA ERA DE MIL DOUSCENTOS TRINTA E CINCO FOI FUNDADA ESTA IGREXA EN DOMINGO

MANDEINA EDIFICAR PARA MIN E PARA TODAS AS FAMILIAS”.

A era do calendario xuliano de 1235, correspóndese co gregoriano actual de 1197, ano en que foi fundada a nova igrexa de San Martiño para substituír a outra que xa existía antes do ano 1184 en que o nobre, Fernando Arias, recibiu do rei de Galicia e León, Fernando II a Herdade de Sabaceda na, daquela, parroquia de San Martiño de Moaña.

O latinista moañés, remata o citado traballo co seguinte parágrafo: “Esta inscrición, que coincide na primeira parte coa mensaxe de ARIAS FECI, polo que sería innecesaria, coa introdución das palabras PARA TODAS AS FAMILIAS da a entender que a reconstrución da igrexa foi unha obra comunitaria, polo que se recoñecen tamén os dereitos das familias da fregresía sobre esta”.

Cando levan transcorridos máis de seis anos desde que se puido coñecer o contido da inscrición, esta seguiu deteriorándose ata o punto de que, se non se actúa sobre ela, en pouco tempo pode desaparecer, co risco que supón perder un dos símbolos máis importantes da identidade dos moañeses.

Considerando que se trata dun problema que atinxe ás orixes máis remotas de Moaña, foi exposto no último Concello Veciñal polo presidente da “Asociación de Veciños San Martiño” e da cultural, “Moaña Antiqua”; na xuntanza, os representantes municipais amosaron a súa disposición a tratalo, despois de coñecer o nome das empresas autorizadas por Patrimonio e os custes da actuación.

Postos en contacto co responsable do Patrimonio da Igrexa compostelán, de comezos, conseguiuse que aportase unha relación de 15 empresas que en toda Galicia se dedican a protexer os bens patrimoniais.

Despois de coñecer os resultados das últimas eleccións municipais, as dúas asociacións citadas agardan entregar á nova corporación municipal e ao párroco da igrexa de San Martiño un orzamento aproximado das obras a executar.

(*) Cronista oficial de Moaña