Ramón Ocaña, o fotógrafo de Cangas do século XX (II)
O secretario de A Cepa lembra a vida do profesional con motivo da próxima publicación do libro “Ocaña, unha saga de fotógrafos”
![Ramón Ocaña, coa familia na praia de Rodeira.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/958efdde-a807-4b72-98d7-2c29aeb3fef5_21-9-aspect-ratio_default_1186888.jpg)
Ramón Ocaña, coa familia na praia de Rodeira. / Arquivo de A Cepa
Fernando Cuñarro*
Ramón Ocaña nace no ano 1881 en Bilbao. O neno Ramón será o sexto dos oito fillos do matrimonio Ocaña Larrín e figurará inscrito no rexistro cos nomes de Ramón Enrique Basilio.
Coma todos os seus irmáns aprenderá o oficio no estudo fotográfico do seu pai en Vigo onde traballará como aprendiz retocando clichés e facendo labores varios no taller.
![Familiares de Ramón Ocaña. | // ARQUIVO DE A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/2787cd49-dcde-486e-aa78-6dc6eec1b22b_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Marina Barros, na tumba do seus fillo Enrique. | / // ARQUIVO DE A CEPA
No 1904, con 23 anos, emigra a Cuba. Na Habana traballa no taller Otero y Colominas, “un estudio fotográfico e debuxo con taller de fotogravado a medio tono” onde perfecciona os seus coñecementos. Despois de tres anos regresa a Vigo e trasladase a Cangas onde instala o seu estudio fotográfico.
![Na praia de Rodeira. | // ARQUIVO DE A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/c72b3503-6c6c-4e60-a9e9-d5225c929e83_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Familiares de Ramón Ocaña. / | // ARQUIVO DE A CEPA
Casa en Aldán en 1908 con Marina Barros, filla da valisoletana Bonifacia de Lamo e do que fóra alcalde Serafín Barros propietario da coñecida como Granxa de Barros no monte de San Cibrán.
![De paseo por Vigo co seu fillo Ramón. | // ARQUIVO DE A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/4bbea61c-7b97-4b33-a040-4caa11ca827a_alta-libre-aspect-ratio_default_0.png)
O fotógrafo coa súa neta Marina Galiana na rúa do Príncipe en 1954. / | // ARQUIVO DE A CEPA
O matrimonio Ocaña-Barros compartiron unha longa vida en parella. Tiveron oito fillos: Ramón, Marina, Serafín, Enrique, Carlos, Enma, Luís e Fernando que lles deron moitos netos e varios bisnetos e tataranetos.
![Familia Ocaña Barros. | // ARQUIVO DE A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/538208dc-8988-4335-a28e-566de4156f48_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
De paseo co seu fillo Ramón. / | // ARQUIVO DE A CEPA
Nunca chegaron a ter vivenda de seu. Viven de alugueiro en varias casas do centro de Cangas: rúa Real, Fomento, avenida Montero Ríos, rúa Méndez Núñez e barrio do Forte. Vive do seu traballo coma fotógrafo, pasan os anos e vai cambiando de locais, mellorando as instalacións con galerías acristaladas que permitían unha mellor entrada de luz natural.
![Marina Barros na tumba do seu fillo Enrique. | // ARQUIVO DE A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/419e16b9-7bf6-4f80-be1e-fd1f90575a5a_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Ramón Ocaña cos netos. / ARQUIVO DE A CEPA
Ten realizado numerosos retratos de importantes cargos da vida política e social de Cangas. Fotografou tamén os acontecementos máis importantes ocorridos na vila que publicou na revista Vida Gallega e no xornal El Pueblo Gallego. No 1929 participa como socio fundador do Alondras Club de Fútbol.
![Coa muller e dúas das netas. | // ARQUIVO DE A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/065dca29-9311-42bf-b9c8-6166d0ff5c26_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Coa muller e dúas das netas. | // ARQUIVO DE A CEPA / ARQUIVO DE A CEPA
No ano 1931 un incendio destrúe o seu estudo na rúa Fomento. Ramón Ocaña é un emprendedor que inicia novas e diversas actividades. Traballa como representante comercial, abre un estanco na ribeira, o Lyon Bar, unha leitería e o popular salón de baile Danubio Azul, acondicionando unhas antigas naves nos areais de Rodeira onde se celebraron comidas e actividades sociais e políticas .
![O fotógrafo coa súa neta Marina Galiana na rúa do Príncipe. 1954. | // A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/d7a868a9-1850-433f-9860-c6df88b07fd6_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Ramón Ocaña na Habana. / Arquivo de A Cepa
Na posguerra e axudado polas súas fillas Marina e Enma monta e dirixe espectáculos de teatro. Estivo á fronte do local do Auxilio Social que organizou os comedores infantís que alimentaron a moitos nenos nos anos terribles da posguerra.
Moitos negativos e cristais fotográficos do seu estudio arderon e foron retirados ao limpar o local na de Cervera. Xentes de Cangas teñen recollido do lixo cristais fotográficos con negativos da súa autoría. Agora e grazas ás redes sociais recuperamos algúns deses materiais.
![Ramón Ocaña cos netos. | // ARQUIVO DE A CEPA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/9d60d7e4-9cc1-4686-b18c-bcca17c9ad85_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Familia Ocaña Barros. | / ARQUIVO DE A CEPA
Ramón Ocaña falece en Cangas no 1977, aos 96 anos, vivindo no barrio do Forte. O colectivo Arte-Visual recuperou parte do seu traballo fotográfico nunha Exposición Antolóxica na Casa da Cultura en abril de 1995. Cangas débelle imperecedoira gratitude por legarnos tantos testemuños gráficos da nosa vila no século XX.
(*) Secretario de A Cepa
Suscríbete para seguir leyendo
- La campaña del pulpo comienza con sabor “agridulce” por la escasa presencia de cría
- La Policía identifica a dos menores de una “quedada” para pelear en el casco vello de Cangas
- Residentes de la plaza de Andalucía, en Cangas, denuncian el abandono de la zona
- Un testigo afirma que el acusado de matar a su vecina en Moaña ya fue antes a la casa a robar
- Moaña coloca una barandilla para accesibilidad en Canabal
- Medio centenar de barcos de Bueu inician con incertidumbre la campaña del pulpo
- Bueu asegura de modo “provisional” el paseo de la playa de Agrelo ante la “apatía” de Costas
- Las mujeres de O Forte dan vida al barrio