Estampas do Hío: unha ollada ao pasado (II)
![Un veciño do Igrexario co carro de vacas cargado con madeira diante do Cruceiro, no ano 1960.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/fa41fb1d-6e36-4b7a-b11f-62d8ec396dd6_21-9-aspect-ratio_default_1108605.jpg)
Un veciño do Igrexario co carro de vacas cargado con madeira diante do Cruceiro, no ano 1960. / atopo.gal
Anxo Coya*
Aos membros da Asociación Cultural “A Cepa”.
No Igrexario:
O Cruceiro do Hío aparece en numerosas fotografías antigas: eliximos unha de Damián Arbulo do ano 1909. Nela, afírmase que é obra do Mestre Cerviño. Damos por feito que se refire ao citado escultor Ignacio Cerviño, pois no 1872, ano no que se ergueu o Cruceiro, bautizou a súa filla María Carmen de los Remedios na igrexa parroquial do Hío, verificado polo feito de que existen outros tres documentos que acreditan a súa estadía nesta parroquia entre os anos 1869 e 1872, coincidindo así coa labra deste fermoso Cruceiro.
![Estampas do Hío: unha ollada ao pasado (II)](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b1a72c81-4487-4eff-b1d3-0ac1e4758171_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Unha imaxe do Cruceiro do Hío en 1909. / Damián Arbulo
Trala consulta do Arquivo Pacheco non podemos pasar por alto ao citado Cruceiro. Así que amosamos a existencia dun desaparecido panteón que pertenceu ao párroco Juan Manuel Míguez Alonso, quen mandou construír a bóveda central da igrexa parroquial do Hío en 1852 ao mestre de obras Antonio Cerviño, pai do excelso escultor Ignacio Cerviño, que vinte anos despois erguería o famoso Cruceiro do Hío por orden e mandato do mesmo párroco.
![Fonte da casa reitoral do Hío, en 1911. | // VIDA GALLEGA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/82cb9c49-c81b-4b40-80cc-14d981631212_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
O Igrexario, co Cruceiro do Hío e á dereita o panteón, xa desaparecido, do crego Juan Manuel Míguez, R.A.I.G. 1935 / Foto Pacheco
De non desaparecer do seu carón o panteón do crego, obra do mesmo “Mestre Cerviño”, hoxe sen lugar a dúbidas, o conxunto monumental aumentaría o seu valor. Tan só se conservan dúas figuras deste mausoleo, A Fe e un fermoso Calvario que se atopan na inmediata Casa Reitoral do Hío. Tamén observamos a antiga situación do esmoleiro, xusto no eixo entre o Cruceiro e a porta principal da igrexa parroquial. O esmoleiro e o dito panteón tamén son atribuídos á habelencia de Ignacio Cerviño.
![O cruceiro en1909. | //DAMIÁN ARBULO](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/51d7714e-8237-4ce6-afc6-fd9132400aa0_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Fonte da casa reitoral do Hío, en 1911. / Vida Gallega
Próxima ao ano 1960 mostramos outra fermosa imaxe onde aparece o Cruceiro do Hío. Nela observamos como un veciño do Hío pousa a carón das vacas xunguidas ao carro cargado de madeira.
No ano 1911, Jaime Solá, xunto con outros camaradas, coa pretensión de investigar o denominado “Forno da Tella” deixou varias imaxes da aldea do Igrexario. Nos eliximos a que representa a preciosa fonte, construída no 1677, da Casa Reitoral do Hío. É curiosa a estampa e non deixa de selo o feito de que os rapaces que se atopan descalzos están a un lado e os nenos calzados están na outra beira. Tamén destacamos a viña de parra que se atopaba no lugar.
![A Lontreira. Atando redes na praia de Vilariño no ano 1925. | // FOTO PACHECO](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/2686c46d-a20a-4b3b-8fdb-a9c5652c2379_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
A Lontreira. Atando redes na praia de Vilariño no ano 1925. | // FOTO PACHECO / Anxo Coya*
En Vilariño:
A aldea de Vilariño e a súa praia foron escenario na prensa antiga en distintas ocasións da súa beleza. Tal vez a situación desta aldea deu pé a que sexa unha das máis fotografadas no que en décadas atrás se refire. As fotografías que recompilamos da revista “Vida Gallega” son excelentes e reflicten o amor que os autores dalgunhas delas, Damián Arbulo e Jaime Solá, director da revista, sentían polo noso patrimonio.
![A aldea de Vilariño en 1909. | // VIDA GALLEGA](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/6ca08112-a299-48f0-ade2-5f7df9753896_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
A aldea de Vilariño en 1909. | // VIDA GALLEGA / Anxo Coya*
No ano 1909 inmortalizouse unha estampa de Vilariño e nela observamos dous hórreos que aínda existen na actualidade. Tamén damos conta das embarcacións da época e dunha praia que semellaba estar moito máis empinada ca na actualidade, sen lugar a dúbidas pola bravura do mar e polos asiduos temporais do noroeste que zorregaban na Ría de Aldán. O mesmo fixo Jaime Pacheco noutra imaxe de Vilariño e seu areal coas atadeiras, incansables compañeiras das tarefas mariñeiras, reparando ou confeccionando as artes de pesca, cun pano de fondo estupendo como son dous hórreos á beira do mar que hoxe seguen no mesmo lugar da Lontreira.
![Mariñeiros na praia de Vilariño, 1941. | // GALICIA:O OFICIO DE VIVIR](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/a042c167-d114-45cb-b132-b14bc78f7ac6_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Mariñeiros na praia de Vilariño, 1941. | // GALICIA:O OFICIO DE VIVIR / Anxo Coya*
Unha terceira imaxe de Vilariño recollida do libro “Galicia: O oficio de vivir”, de Gonzalo Allegue, amósanos que nas xentes do Hío existía unha grande tradición mariñeira. A data aproximada desta imaxe xira arredor do ano 1941.
Rematamos esta pequena recompilación agardando que fose do agrado, pois como se acostuma dicir: “Unha imaxe vale máis que mil palabras”.
*Veciño do Hío
![Anxo Coya](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/550d174e-6728-4851-a4a1-b14972d288f8_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Anxo Coya
Suscríbete para seguir leyendo
- La campaña del pulpo comienza con sabor “agridulce” por la escasa presencia de cría
- La Policía identifica a dos menores de una “quedada” para pelear en el casco vello de Cangas
- Residentes de la plaza de Andalucía, en Cangas, denuncian el abandono de la zona
- Un testigo afirma que el acusado de matar a su vecina en Moaña ya fue antes a la casa a robar
- Moaña coloca una barandilla para accesibilidad en Canabal
- Medio centenar de barcos de Bueu inician con incertidumbre la campaña del pulpo
- Bueu asegura de modo “provisional” el paseo de la playa de Agrelo ante la “apatía” de Costas
- Las mujeres de O Forte dan vida al barrio