No ano do seu 73 aniversario o Museo Massó quixo facer unha homenaxe ós seus dous grandes impulsores: os irmáns Gaspar e José María Massó. Aparte de descubrir dous bustos dos fundadores, inaugurouse unha mostra fotográfica titulada "A mirada dos irmáns Massó" e que reúne unha serie de imaxes pertencentes ó primeiro tercio do século XX. Éstas forman parte do fondo de máis de 300 negativos doado no seu día por Amalia Bolibar, viúva de Gaspar Massó. A maioría das imaxes están tomadas polos propios irmáns Massó e pódense dividir en distintos apartados temáticos: fotos da familia, o periodo de formación de Gaspar Massó na universidade belga de Louvain ou imaxes do Bueu desta época. Non se quedan nun simple retrato de clase social acomodada e poderosa económicamente senón que os Massó fan gala dunha especial sensibilidade artística e gusto pola estética fotográfica: as composicións, os encuadres, o equilibrio ... Todo está coidado ó detalle e as imaxes denotan un especial coidado cara unha técnica que se atopaba aínda nos seus albores. O mellor exemplo é a foto que lle fixeron a súa irmá o día no que estreou o seu cuarto de solteira.

As fotografías supoñen unha fiestra cara unha época concreta da vida dunha familia que marcou para sempre a historia da vila de Bueu e permiten vela dun xeito distinto, as veces incluso con humor como no caso da foto de Gaspar Massó disfrazado e simulando fumar opio cun amigo.

Ó mesmo tempo, esta mostra sirve para adentrarse na intimidade dos Massó xa que permite ver concorridas fotos de familia e incluso hai constancia da pedida de man de Gaspar Massó a súa muller. Neste caso, as fotos foron feitas por José María, quen ese mesmo día tamén retratou a súa futura cuñada xogando nun estanque cunha maqueta dun dos barcos da conserveira.

Son tamén especialmente significativas as imaxes do propio Gaspar Massó a bordo do automóbil familiar, o primeiro coche que existiu en Bueu e que era empregado polo rei Alfonso XII cando visitaba a provincia de Pontevedra. Ou xunto ó afamado aviador galo Jules Vedrines, que aterrou co seu avión na vila do Morrazo en 1915.

Retrato de Bueu

As exposición é tamen un retrato do Bueu do arranque de século e permite ver con abraiante claridade como mudou a localidade. Así, resulta sorprendente ver panorámicas do frente marítimo na época na que o mar, en frecuentes ocasións, `chamaba´ á porta dos fogares do barrio de Banda do Río. Os visitantes poderán ver tamén imaxes da construcción do porto, da botadura dun dos barcos da empresa (o "Massó 9") ou incluso ós rapaces da vila nun chapuzón vespertino na praia de Bueu.