"Chamoume o mar para romper augas", de Olga Novo, ilustrará o valo poético de Pereira Productos del Mar

A frase de Olga Novo releva á do fundador da compañía, José Pereira Álvarez, “O paso do boi é lento pero seguro”

"Chamoume o mar para romper augas", da poetisa Olga Novo, ilustrará o valo poético de Pereira Productos del Mar

"Chamoume o mar para romper augas", da poetisa Olga Novo, ilustrará o valo poético de Pereira Productos del Mar / Pereira

“Chamoume o mar para romper augas” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da avenida de Beiramar. A escritora galega e Premio Nacional de Poesía, Olga Novo, é a autora desta mensaxe.

“Esta frase tan evocadora vai ser a protagonista do noso valo durante o vindeiro ano. Con esta iniciativa, que levamos realizando dende hai xa doce anos, queremos por en valor a importancia da literatura galega, tan nosa e tan importante no desenvolvemento da nosa cultura e da nosa sociedade. Queremos agradecer a Olga Novo que quixera sumarse a familia de escritores galegos que durante os últimos anos participaron no noso valo”, apunta Ruy Andrade, Director de Comunicación de Pereira Productos del Mar.

En palabras de Olga Novo, “síntome feliz e honrada de levar as miñas palabras a este muro marítimo e dar continuidade a un ronsel poético no que me precederon xa outros/as compañeiros escritores na nosa lingua. Agradezo, pois, a o Grupo Pereira a invitación a sumarme a esta apertura oceánica, de vida e liberdade, no Vigo do meu amigo”.

A frase de Olga Novo releva á do fundador da compañía, José Pereira Álvarez, “O paso do boi é lento pero seguro”, unha frase do patrimonio cultural galego que o empresario converteu nunha filosofía de empresa e de vida.

A presentación do novo valo tivo lugar este venres 28 de xuño a bordo do buque de pesca de Argos Pereira. O acto contou coa presenza de Olga Novo así como dos responsables do Grupo Pereira, José Enrique Pereira Presidente da compañía, Luis López-Boado Prieto Xerente e Ruy Andrade, Director de Comunicación.

Doce anos de poesía

Pereira leva realizando esta iniciativa desde o ano 2012 coa fin de que, por medio da cultura, se transmitan os valores da marca e se recoñeza a profesión da xente do mar. O valo de Pereira conta coas mellores plumas da literatura galega que suman xa catro Premios Nacionais de Literatura: Yolanda Castaño, Antonio García Teijeiro, Ledicia Costas e Domingo Villar, e un Premio Nacional de Poesía con Olga Novo.

“Chamoume o mar para romper augas” de Olga Novo toma o relevo a frase que ilustrou o valo do ano pasado “O paso do boi é lento pero seguro” do fundador do Grupo Pereira, D. José Pereira. No ano 2022, os versos foron do escritor vigués Antonio García Teijeiro “As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar” e en 2021 “O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” de Yolanda Castaño foi a frase elexida.  Anteriores foron as frases de Domingo Villar en 2020 e 2019: “Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo” do libro “O último barco” e “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa pel como terra seca” da obra “A praia dos afogados”. “Neste mar navegan os barcos da nosa vida” da escritora viguesa Ledicia Costas foi a mensaxe seleccionada en 2018. “Estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos” da obra de Julio Verne “20.000 leguas de viaje submarino” ilustrou a valle en 2017. “A maxia de saber amar” (2016) y “Cada palada cuenta” (2015) foron outras das frases que os viandantes en condutores que pasaban por Beiramar puideron desfrutar e que foron propostas e votadas polos seguidores nas redes sociais.

Desde 2012, ano no que naceu a iniciativa e ata 2014, estas foron as frases que seleccionou a empresa por orde cronolóxico: “No importa el frío, no se nos congelará el corazón”, “Un mar de sabores” y “Este mar nos ha llevado al mundo”.

Olga Novo

Olga Novo (Vilarmao, Poboa do Brollón, Lugo, 1975) é unha poeta, ensaísta e doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Galardoada co Premio Nacional de Poesía no ano 2020 pola obra Feliz Idade, é doutora en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela, e de Estudos Hispánicos pola de Rennes (Alta Bretaña), onde foi profesora entre os anos 2004-2011. Na actualidade exerce a docencia no ensino secundario en Galicia.

Como poeta, publicou as obras A teta sobre ou sol (1996), Nós nus (Premio Losada Diéguez de Creación, 1997; 2ª ed. 2021), A cousa vermella (2004), Cráter (Premio da Crítica española, 2011) e Feliz Idade (Premio da Crítica española, da Crítica galega e Premio Nacional de poesía 2020). Traducida a diversas linguas, en castelán viron a luz a antoloxía persoal Os líquidos íntimos (Cálamo, 2012; 2ª ed. 2022) e Felizidad (trad. Xoán Abeleira, Olifante, 2020).