VIII FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA

Obradoiro de collage orixinal e obradoiro de cianotipia "Caras e lugares"

Carlos Gallego, Pablo Otero e Mark Ritchie (Biblioteca Creativa en Acción) impartirán dous obradoirnos na VIII edición do Foro de Educación.

Carlos Gallego, Pablo Otero e Mark Ritchie (Biblioteca Creativa en Acción), ponentes no VIII Foro de Educación

Carlos Gallego, Pablo Otero e Mark Ritchie (Biblioteca Creativa en Acción), ponentes no VIII Foro de Educación / FDV

As bibliotecas escolares galegas son o corazón dos centros educativos, o espazo polo que pasan boa parte dos seus programas de innovación. Son lugares que cambiaron moito nos últimos anos. E son un referente estatal polo seus espazos de aprendizaxe, as actividades de tratamento da información e competencias dixitais ou a formación en diversidade e igualdade.

A Xunta de Galicia desenvolve o Plan Lía (Lectura, Información, Aprendizaxe) para converter as bibliotecas escolares en verdadeiros laboratorios de aprendizaxe nos que se traballan todas as materias e todas as linguaxes, desde a radiofónica e a audiovisual ata a da programación. Pura creatividade!

Neste último caso, destaca o programa Biblioteca Creativa, que ten como obxectivo estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través de actividades manipulativas, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

Obradoiro de collage orixinal por Carlos Gallego

Neste obradoiro proponse a técnica do collage como método para comprender e representar o mundo que nos rodea dunha maneira creativa. Mediante distintos exercicios descubriremos diferentes estratexias para converter sinxelos recortes de papel en todo tipo de elementos naturais e obxectos cotiáns.

Carlos Gallego Domínguez

Ilustrador e deseñador gráfico. Especialízase no ámbito infantil e xuvenil ilustrando libros de texto para diferentes cursos de Educación Primaria e Secundaria; tamén libros de narrativa como “A Memoria dos Pingüíns” (2023) e “Que Sabes da Guerra Civil e o Franquismo?” (2021). A súa obra tamén pode verse noutros proxectos de publicidade e comunicación para distintas empresas. En docencia, ten cuberto como substituto as materias de Debuxo Técnico e Informática na Escola Técnica de Xoiería do Atlántico. Levou a cabo as súas prácticas universitarias do mestrado en profesorado impartindo as materias Fundamentos da Representación e a Expresión e Proxectos de Gráfica Publicitaria na escola de deseño Aula D de Vigo.

Obradoiro de cianotipia "Caras e lugares" por Pablo Otero y Mark Ritchie

Caras e lugares é un obradoiro de creatividade sobre retratos e paisaxes íntimas.Pensado para un público diverso, trátase dunha experiencia de aprendizaxe comunitaria e de intercambio de ideas, mais tamén dunha exploración estética moi persoal e das posibilidades expresivas que ofrecen formatos e técnicas da Arte coma o Silhouette e máis a Cianotipia. Logo exploración, experimentación, aprendizaxe e xogo. Unha fermosa oportunidade para traballar xuntos, para compartir con descoñecidos outros xeitos de mirar.

Pablo Otero

Iniciou a súa andanza na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Pablo é un artista visual e ilustrador que expón os seus debuxos, esculturas e pinturas en galerías de toda Galicia. Recibiu o 1º Premio de Escultura no I Salón de Arte Xove de Ourense (1992), o Premio María Casares de Escenografía (1999), unha mención especial no Premio Llibreter (2000) por "Mateo" e o Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración (2011) por "Contos por teléfono"

Mark Ritchie

Fotógrafo de Sydney (Australia). Estudou fotografía no Sydney Technical College entre 1981 e 1984 e mudouse a Europa en 1992. Actualmente reside en Galicia. Mark traballou nun amplo abano de xéneros que inclúen o arquitectónico, o anuncio, o estudio, o retrato e a fotografía documental e ten un extenso arquivo de fotografía de stock en negro e branco e cor. Colaborou en diferentes convocatorias do Outono fotográfico e levou a cabo numerosas exposicións fotográficas en distintos puntos da nosa xeografía.

Compra tus entradas


20 y 21 de septiembre 2024 | Auditorio Mar de Vigo
Comprar