VIII FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA

"Fotografía, esteorotipos e educación. Daqueles pos analóxicos veñen estas lamas dixitais"

Ana Rey Cao (UVigo) ensinaranos a ler imaxes para protexernos de enganos, nun obradoiro con actividades dinámicas para aplicar na aula

Ana Isabel Rey Cao, poñente VIII Foro de Educación.

Ana Isabel Rey Cao, poñente VIII Foro de Educación. / FDV

Nesta conferencia da VIII edición do Foro de Educación, Ana Rey Cao falará sobre a alfabetización visual no mundo actual, saturado de imaxes que moitas veces non sabemos interpretar.

Aprender a ler imaxes é fundamental para navegar este océano visual e protexerse de perturbacións enganadoras. As fotografías non só capturan momentos; tamén constrúen realidades, moldean opinións e perpetúan estereotipos.

Neste obradoiro realizaranse actividades dinámicas que poden aplicarse na aula e que permiten relacionarse coas fotografías que nos rodean desde unha perspectiva crítica. Como se constrúen os prexuízos a través das fotografías das redes sociais? Que reproducen as imaxes que xeran as intelixencias artificiais? De onde veñen estas lamas dixitais?

Ana Rey Cao traballa na Universidade de Vigo, no departamento de didácticas especiais. Durante máis de 15 anos investigou os estereotipos presentes nas fotografías relacionadas coa cultura corporal nos libros de texto. Actualmente investiga sobre o uso que fai a xente nova da tecnoloxía dixital para a promoción da súa saúde.

Ademais de múltiples publicacións científicas sobre a análise de estereotipos nas fotografías, creou materiais didácticos para ensinar a ler imaxes criticamente e impartido numerosos obradoiros de alfabetización visual.

Compra tus entradas


20 y 21 de septiembre 2024 | Auditorio Mar de Vigo
Comprar