VIII FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA

"Palabrario"

A galardonada escritora compartirá as mellores pautas para elaborar un espazo de creación literaria nas aulas

Ledicia Costas, ponente do VIII Foro de Educación

Ledicia Costas, ponente do VIII Foro de Educación / FDV

Neste taller da VIII edición del Foro de Educación Ledicia Costas compartirá algunhas pautas para elaborar un espazo de creación literaria nas aulas de forma divertida. Durante a seu obradoiro, "Palabrario", ensinará a crear atmosferas axeitadas para que os nenos deixen voar a súa imaxinación. No curso, tamén se orientará aos docentes para que amosen como construír personaxes e os coloquen nos máis disparatados escenarios.

Ledicia Costas é unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega. Ten máis de trinta libros que non deixan de reimprimirse, tanto para público infantil e xuvenil como para público adulto e poesía, en Edicións Xerais, Anaya, Destino ou Nórdica, entre outras.

No 2020 recibiu o Premio da Cultura de Galicia de Creación Literaria, sendo a persoa máis nova desa categoría en recibilo desde a fundación do galardón, e no 2023 foi distinguida pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao, que recoñece a súa achega á cultura ao longo dos seus case 25 anos de carreira literaria.

Redes sociales:

Compra tus entradas


20 y 21 de septiembre 2024 | Auditorio Mar de Vigo
Comprar