VIII FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA

“Do mar á clase e da clase ao mar: reconectándonos coa natureza”

Silvia Iglesias e Sara Carrasco (13 Grados) tratarán a necesidade de incluír a educación ambiental nos centros educativos

Silvia Iglesias Prado y Sara Carrasco González (13 Grados), ponentes del VIII Foro de Educación

Silvia Iglesias Prado y Sara Carrasco González (13 Grados), ponentes del VIII Foro de Educación / Sandra García Rey / FDV

Neste taller da VIII edición del Foro de Educación Silvia Iglesias e Sara Carrasco abordarán a necesidade de incluír a educación ambiental nos centros educativos como contido transversal partindo do medio mariño como referente para reconectar coa natureza.

Para iso, e empregando o seu proxecto 13 Grados, proporán unha serie de actividades interactivas que os mestres poderán empregar nas súas aulas, que irán desde o traballo de campo no medio natural ó uso das novas tecnoloxías.

Na parte final, as persoas participantes no obradoiro terán a oportunidade de probar as Experiencias Inmersivas Submarinas en 360º grazas ao uso de lentes de realidade virtual.

Quen son?

Silvia Iglesias Prado: Intérprete mariña, técnica en educación ambiental, guía oficial do PNIAG e mergulladora.

Sara Carrasco González: Ilustradora científica e naturalista, guía oficial do PNIAG e mergulladora.

Redes sociales:

Compra tus entradas


20 y 21 de septiembre 2024 | Auditorio Mar de Vigo
Comprar