Redes sociales:
- Web: 13grados.com
- Instagram:@13grados_vigo
- Facebook:@13gradosvigo
Neste taller da VIII edición del Foro de EducaciónSilvia Iglesias e Sara Carrasco abordarán a necesidade de incluír a educación ambiental nos centros educativos como contido transversal partindo do medio mariño como referente para reconectar coa natureza.
Para iso, e empregando o seu proxecto 13 Grados, proporán unha serie de actividades interactivas que os mestres poderán empregar nas súas aulas, que irán desde o traballo de campo no medio natural ó uso das novas tecnoloxías.
Na parte final, as persoas participantes no obradoiro terán a oportunidade de probar as Experiencias Inmersivas Submarinas en 360º grazas ao uso de lentes de realidade virtual.
Silvia Iglesias Prado: Intérprete mariña, técnica en educación ambiental, guía oficial do PNIAG e mergulladora.
Sara Carrasco González: Ilustradora científica e naturalista, guía oficial do PNIAG e mergulladora.
Redes sociales: