“ExpoFloriani”: Os proxectos educativos do alumnado convértense en protagonistas da sociedade redondelá

O IES Pedro Floriani abre as súas portas á comunidade educativa e á veciñanza este mércores 19 de xuño a partir das 10:30 horas

A III edición do evento amosará os proxectos desenvolvidos polo alumnado ao longo de todo o curso no marco das metodoloxías ABP e APS

A 'Expofloriani' abre as portas da súa III edición este mércores en Redondela.

A 'Expofloriani' abre as portas da súa III edición este mércores en Redondela. / IES Pedro Floriani

M.B

A comunidade educativa de Redondela prepárese para unha das súas citas máis esperadas. Este mércores, 19 de xuño, a partir das 10.30 horas inaugurarase a terceira edición da bautizada como “ExpoFloriani”, coa que o IES Pedro Floriani abre as súas portas á comunidade educativa e a veciñanza para amosar os proxectos desenvolvidos polo alumnado ao longo de todo o curso no marco das metodoloxías ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) e da APS(Aprendizaxe-servizo). 

“O mundo actual é unha realidade complexa en constante cambio que require de persoas que asuman un rol activo e responsable na construción do mesmo”, explican desde o centro sobre os fundamentos da iniciativa, e engaden: “No IES Pedro Floriani entendemos que a nosa actuación educativa debe basearse no desenvolvemento integral do alumnado que lle permita desenvolverse emocional e competencialmente ao tempo que coñece o mundo que o rodea”.

Deste xeito, e partindo dunha “concepción do instituto como un espazo democrático e de calidade aberto á comunidade redondelá” nace “ExpoFloriani”: “Esperamos a súa visita a este gran evento tan ilusionante para nós”, despídense  Pilar Domínguez, coordinadora de actividades extraescolares e complementarias do IES, convidando a sociedade de toda a contorna a achegarse este mércores pola mañá a compartir unha nova edición de “ExpoFloriani”.