Unha década de crecemento constante

SBC Gasolineras abría a súa estación de servizo na Estrada en 2013

» Desde entón, mantén o seu compromiso social a través de numerosas colaboracións con difetentes oenegués 

Un dos camións de suministro de SBC Gasolineras.

Un dos camións de suministro de SBC Gasolineras. / // Cedida

M. González

A Estrada, Cambados, Santiago de Compostela, A Coruña, Narón, Sanxenxo... SBC Gasolineras espállase ao longo e ancho das provincias de A Coruña e Pontevedra coa súa rede de estacións de servicio. Caracterizada por unha firma vocación de orientación cara ao cliente, as sinais de identidade da firma creada pola empresaria Ana García son a comodidade, facilidade de suministro, rápidez e o prezo máis competitivo do mercado, tanto para particulares como para profesionais e autónomos. Todo elo sen renunciar á calidade do produto, cumplindo con todos os estándares de seguridade.

Entre os servizos que nos podemos atopar en SBC A Estrada están produto AdBlue, persoal cualificado para encher os depósitos de combustible, caixeiro autopago, pago a través da app SBC Pay -dispoñible para android e IOS-, zona para autolavado con auga quente e aspirado, servizo de hixienización por Ozono, tunel de lavado automático, lavabos con aseos individuales e acesibles, e unha zona de vending.

Compromiso social

Desde a súa apertura, SBC Gasolineras mantén o seu compromiso e solidaridade con numerosas campañas ao longo do ano, como as doazóns a Cáritas de A Estrada; a colaboración coa Fundación Andrea, de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais; colaboración coa Fundación Nipace; doazón a Bancos de Alimentos; etc.

Ademáis, non deixa pasar a oportunidade de levar a cabo outras accións de fidelización coa súa clientela, ofrecendo descontos e sorteos.