Galerías históricas

Chegada dos restos de Castelao a Galicia en 1984

Castelao

Fai 40 anos, o 28 de xuño de 1984, os restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao retornaron a Galicia. A data, aínda que celebrada, non estivo exenta de polémica. O polifacético escritor xa morrera en 1950 en Arxentina: os seu corpo descansaba no Panteón Social do Centro Galego. Porén, no 78, cando se recuperaron as liberdades democráticas, demandouse o seu retorno.

A petición chegou ao parlamento galego e foi aprobada. O día sinalado chegou e a benvida celebrouse nunha obra de tres escenarios, todos en Santiago de Compostela. A primeira parada foi o aeroporto de Lavacolla, despois nos exteriores de San Domingos de Bonaval e por último, no porpio interior do Panteón dos Galegos Ilustres.

Tanto no aeroporto coma en Bonaval, os actos estiveron envoltos nun ambiente de protestas e reivindicacións. Un sector do nacionalismo opoñíase a que os restos retornasen porque o autor, en "Sempre en Galiza" expresara a súa vontade de regresar cando Galicia fose "unha patria liberada". Tamén membros de Alianza Popular se mostraron remisos ante a nova.

Aquel día, durante toda a cerimonia, escoitouse "a Castelao no se traiciona" e "Galiza ceive, poder popular".

Suscríbete para seguir leyendo