O GDR Terra e Auga promove o fomento do emprego verde

rural

y Celebra un curso para formar a futuros xestores de comunidades enerxéticas

Neste mes de xuño impartíronse tamén un curso de iniciación a apicultura (arriba) e outro de panadería artesá (abaixo).  | // D.P.

Neste mes de xuño impartíronse tamén un curso de iniciación a apicultura (arriba) e outro de panadería artesá (abaixo). | // D.P.

d. p.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga ofrece formación para un coñecemento e aproveitamento óptimo dos recursos naturais. En liña coa súa estratexia de desenvolvemento local e participativa activou un programa formativo que procura dotar á poboación do territorio de coñecementos para un aproveitamento equilibrado e sustentable dos recursos naturais. Ao mesmo tempo os cursos informan e axudan afondando en conceptos, técnicas e novas tendencias indispensable para a tomar de decisións futuras. Esta iniciativa formativa posibilita ademais achegarse a posibles vías de negocio respectuosas co medio natural contribuíndo na dinamización social e económica dos dez concellos que integran o GDR Terra, que son Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño

O GDR Terra e Auga promove o fomento do emprego verde

O GDR Terra e Auga promove o fomento do emprego verde / d. p.

Por todos estes motivos, o GDR Terra e Auga puxo en marcha este novo programa formativo con diferentes cursos distribuídos en horas prácticas e teóricas co apoio do Programa Leader Galicia a través da submedida 19.2 Formación.

Precisamente, o último dos cursos que se está a celebrar é un de iniciación ás comunidades enerxéticas. A primeira parte impartírona, esta mesma semana, o catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e responsable do Observatorio Eólico de Galicia, Xabier Simón, e a técnica de EC4RURAL da Universidade de Vigo, Almudena Fiunte, no Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas (CEDEP). A segunda parte levarase a cabo xa no mes de setembro a cargo de Carlos Alberto Amoedo, profesor de Dereito Administrativo da Universiadade da Coruña, e Mauro Vázquez, enxeñeiro da enerxía en Belian Energy.

Este curso de iniciación ás comunidades enerxéticas promove o fomento do emprego verde e a formación de persoas futuras xestoras de comunidades enerxéticas. Ao mesmo tempo servirá para que entidades asociadas ao GDR Terra e Auga reciban formación e poidan valorar a conveniencia ou non de promover as comunidades enerxéticas na súa contorna máis próxima.

Apicultura e panadería

Neste mes desenvolvéronse outras dúas accións formativas. Por unha parte, un curso de iniciación á apicultura da que participaron, ao longo de catro tardes, un total de 15 persoas, no centro social de As Neves. Este curso estivo dirixido a persoas con interese no sector e que acabaran de iniciar a súa actividade ou xa a tivesen en marcha.

Tamén en xuño tivo lugar o curso de panadería artesá con trigos autóctonos galegos. Oito horas que se impartiron nas instalacións da EFA A Cancela de As Neves e nas que afondaron no coñecemento dos trigos antigos traballando con masas nais e prefermentos. O alumnado participou nun proceso completo de elaboración de diversos pans como os de fariña de callobre e caaveiro, entre outras.