Deporte

Manu Ochoa, primeiro deportista olímpico de Tomiño

Manu Ochoa, primeiro deportista olímpico de Tomiño

Manu Ochoa, primeiro deportista olímpico de Tomiño

O Concello de Tomiño trasladou os seus parabéns ao deportista, veciño do municipio, Manu Ochoa, logo de ser elixido pola Comisión Técnica da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) para representar a España nos próximos Xogos Olímpicos de París 2024 na modalidade de caiac cross. Unha noticia histórica que converte ao piragüista do Club Deportivo Miño no primeiro deportista olímpico de Tomiño.

Manu Ochoa deu un paso adiante para conseguir a súa participación tras a súa vitoria na segunda Copa do Mundo de Caiac Cross celebrada fai unhas semanas en Praga, na que o tomiñés gañaba a primeira medalla de ouro para España nesta nova modalidade e conseguía unha praza olímpica para o combinado estatal.

Tras os bos resultados obtidos na 3º Copa do Mundo de Caiac Cross en Cracovia a Real Federación Española de Piragüismo outorgou a Manu Ochoa a quinta e última praza dispoñible para participar nas Olimpiadas.