Deporte
Máis de 200 persoas na XXXVI marcha ciclista do CEP Altamira
Fixeron un percorrido de 12 km atravesando cinco parroquias
As rúas de Salceda volveron encherse de ciclistas de tódalas idades na xa tradicional marcha ciclista que cada ano organiza a ANPA do CEP Altamira en colaboración co Concello. Nesta ocasión foron máis de 200 as persoas participantes que percorreron 12 quilómetros pasando polas parroquias de Santa María, San Xurxo, Picoña, Soutelo e Parderrubias. A área recreativa do Borralliño foi o punto escollido para o avituallamento, preparado pola ANPA. Colaboraron tamén o comercio local e as comunidades de montes.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Comentarios
Ver comentarios