Saúde
Os maiores de Salvaterra celebran o fin de curso
O Concello fixo entrega dos diplomas
d. p.
O Concello de Salvaterra de Miño puxo fin a pasa semana aos cursos que se imparten para as persoas maiores de 65 anos do municipio coa entrega de diplomas. Do mesmo xeito, fíxose entrega tamén dos exercicios para o verán ao alumnado do curso de memoria. Precisamente, este foi o primeiro en rematar a actividade que deu comezo en outubro, na que realizaron diferentes exercicios para mellorar a concentración e axilidade mental.
Esta iniciativa, que dende fai uns anos desenvolve o Concello de Salvaterra de Miño de carácter gratuíto, conta con actividades de ximnasia, pintura e memoria que promoven o envellecemento activo da poboación e están enfocadas no aprendizaxe sen esquecer o importante que é a socialización para os máis maiores.
- Gondomar crea o Observatorio da Xunqueira da Ramallosa
- Corporacións galegas reúnense en Italia con grupos de acción local
- “A miña traxectoria pon o rural, as persoas disidentes e o local no centro”
- Solpor Monteferro abre o verán en Nigrán
- Orgullosas e visibles, vidas “cuir” da bisbarra
- Ralli artístico e feminino por Salceda
- Un tributo a Juan Pardo inaugura o Verán Cultural de Covelo
- Viaxe ao pasado en Nigrán