Música

Carlos Núñez regresa a Salvaterra con “Celtic Sea”

O concerto, o 27 de xullo, marcará o inicio do Verán Cultural

D. P.

Salvaterra de Miño será parada un ano máis da xira “Lugares Máxicos” de Carlos Núñez. No verán de 2023 o músico galego elixiu o recinto amurallado como escenario para un concerto que congregou a preto dun milleiro persoas. Tras aquel éxito, Carlos Núñez regresa á vila transfronteiriza para presentar o seu novo traballo “Celtic Sea.”

Este 2024 Carlos Núñez, quen acadou un Premio Grammy, actuou no Carnegie Hall de Nueva York e no Royal Albert Hall de Londres con artistas como Bob Dylan, Joni Mitchel, The Who ou Lou Reed entre outros, volve nun concerto único que será o inicio do Verán Cultural 2024 de Salvaterra de Miño, o sábado 27 de xullo, ás 20.30 horas.

Entradas á venda

As entradas poden adquirise na súa páxina web oficial www.carlos-nunez.com.