Viaxe ao pasado en Nigrán

A feira estará aberta ao público en horario de mañá e de tarde durantes as dúas xornadas.   | // FDV

A feira estará aberta ao público en horario de mañá e de tarde durantes as dúas xornadas. | // FDV

d. p.

Porcelanas, vinilos, arte sacra, selos, radios, reloxos, decoración rústica, cadros, mobles, lámpadas…..unha gran variedade de obxectos, todos antigos e/ou de colección é o que un poderá atopar na I Feira de Antigüidades Coleccionismo e Vintage a última fin de semana deste mes en Nigrán.

Os prezos oscilarán dende un a máis de mil euros.   | // FDV

Os prezos oscilarán dende un a máis de mil euros. | // FDV / d. p.

Será o sábado 29 e o domingo 30 de xuño cando o pavillón de Panxón acolla, en horario de mañá e de tarde, de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas, esta feira organizada pola asociación cultural Ferro Vello, en colaboración co Concello de Nigrán. Serán máis de 1.400 metros cadrados de exposición e venda de artigos cuxos prezos poden oscilar dende un ata máis de mil euros, que estarán dispostos nun total de 37 expositores chegados dende as catro provincias galegas, Asturias, Cantabria, Bilbao, León e Portugal.

Estarán á venda miles de obxectos, dende moedas a lámpadas.   | // FDV

Estarán á venda miles de obxectos, dende moedas a lámpadas. | // FDV / d. p.

“Poderemos admirar, tocar e mercar pezas que aos que xa temos unha idade recordaranos tempos moi lonxe e aos máis novos, pois sorprende a cantidade de xente moza que se “engancha” ao coleccionismo, lles fará descubrir obxectos que espertarán neles a curiosidade arredor da súa utilidade ou procedencia”, explica Javier Domínguez, presidente de Ferro Vello.

Dende a asociación organizadora indican que a elección de Nigrán para a realización deste evento débese a que “temos varios expositores do sur de Galicia que nos demandan unha feira de antigüidades na provincia de Pontevedra e pareceunos idóneo probar neste fermoso concello.” A proximidade dunha cidade grande como Vigo, así como estar rodeados por outras vilas moi poboadas e con gran tradición anticuaria e de colección, así como a decidida colaboración do Concello, dan como resultado esta aposta, que en caso de resultar positiva, podería realizarse cada seis meses ao igual que ocorre con outras citas máis tradicionais como as de Padrón, Betanzos, Narón ou Sanxenxo”.