Cultura

Malvela recibe o premio Mestras da Memoria 2022

Foi entregado nunha gala en Lugo

Malvela no acto de recollida do galardón.  | // D. P.

Malvela no acto de recollida do galardón. | // D. P. / l. c.

l. c.

O grupo de folk galego interxeracional, creado en Sanguiñeda, Malvela foi protagonista na gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022, celebrada no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, na que recibiu o Premio Mestras da Memoria 2022.

O evento é unha actividade desenvolta pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2022 respectivamente a Malvela e Faustino Luís Seoane, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.