A biblioteca do IES As Barxas de Moaña segue mudando, os alumnos de 4º de Diversificación construiron as estanterías; Luz Beloso, profesora de debuxo, fixo tamén con outros as pinturas de persoeiros de encantos en paredes e portas, incluido o mural de lobineno adicado a Bernardino Graña. E así tamén outros compañeiros que fixeron posible que este espazo, con case 9.000 libros, teña visitas continuadas de alumnos, mestres e esté aberto ós pais. Dende onte esta biblioteca, de "refuxio nas páxinas impresas" e de "formación de amantes dos libros", como dixo a sua coordinadora, Verónica Rodríguez, leva tamén o nome de Bernardino Graña, escritor, poeta e autor teatral cangués que, pese a sua delicada saúde, tras sufrir unha trombose, participou, nos actos de inauguración, a mediodía, coa complicidade da sua dona, Carme Fernández.

A enfermidade deixoulle a metade do corpo e a sua man dereita "espatarrados", como dixo o homenaxeado, pero tamén pasoulle "algo especial" que lle obriga a estar na casa, lle obriga a ler "e cun dedo escribo"gracias ó ordenador. Bernardino recordou o seu nacimento en Cangas, que foi criado en Darbo e en Ribadavia, polo traslado, polas oposicións, do seu pai, e que alí vivú pero sempre o seu punto de chegada era Cangas, retornar ávila. Dixo que había que aprender a romper e, de feito, quixo facelo cunha folla diante súa. Falou de que Galicia é máxica, femenina é bruxa e que "a nosa chuvia é meiga pero as nosas nubes saben chover, non como en Alicante que arrastra pedras". Empezó a emocionarse ao recordar a compañeiros que xa morreron, que él xa había superado en tres meses a idade da morte do seu pai, aos 79 anos, e que en setembro cumprirá 80. E non pudo seguir da emoción cando agradeceu o acto e que lle produce "enorme fartura, con esta man e dedo, de estar vivo, de estar aquí con vos". As bágoas de Bernardino fixeron medrar outras nos alumnos que enchían a biblioteca.

Alí, ademais de alumnos, estaban amigos e estudiosos do autor, coma Xosé Manuel Millán, exalcalde de Moaña e mestre tamén do centro; o crítico literario Heitor Mera, que fixo a sua tesis adicada a Bernadino Graña ademais dunha representación institucional composta polo rexidor, José Fervenza, a concelleira Rosa Solla e a inspectora de Educación, Rosa Pérez. Verónica Rodríguez, que conduciu o acto, dixo que atopouse en Bernardino a un home sinxelo, amable e cercano "o cal non entendía moi ben por que motivo escolleramos o seu nome e a sua figura como distintivo da nosa biblioteca".

Bañarse en febreiro

Foi Millán quen abriu a ventana do pasado e remontouse a cando tiña 15-16 anos e era alumno de Bernardino no instituto de Rodeira, que para eles, xunto a praia, "era un pequeno paraiso". No ano 79, dixo, chegou dende Padrón "un persoeiro un tanto extraño ao que, ao pouco, coñecíamos como O Quixote". Recoñeceu que eran bárbaros, ruidosos e poco respetuosos, que Bernardino lles falaba de literatura "e nos parecía chino". Dixo que estaban ante unha persoa especial que lles lía poemas de Jorge Manrique, falaba de Garcilaso, de Rosalía de Castro...e as suas palabras eran "sagradas". Provocó as risas ó recordar cómo Bernardino espantábase polo ruido da televisión e das motos que intentaba paralas, e que un mes de febreiro ocurreulle imitar as suecas e empezou a nadar en Rodeira, con catro ou cinco grados de temperatura. Da relación mestre-alumno, dixo Millán que pasaron a amizade, a ensiñales o litoral e a xeografía do Morrazo a través de excursións "nas que deixábamos de ser profesor e alumnos". Millán terminó señalando que Bernardino é un dos mellores escritores en lingua galega de todos os tempos e recitou o poema do autor "Fáltanos o outono de Tirán".

Alumnos do centro como Francisco Santomé y Claudia Fernández leron tamén un poema e un conto de Bernardino e proxectouse un vídeo no que con voz do alumno Gael Villar recordouse textos do autor sobre o Prestige.

Pola súa parte, Heitor Mera dixo que Bernardino é un clásico "na república das nosas letras" e que aúna forma e contido "que moi pocos poetas conseguen". Ademáis de creador, fixo fincapé en que é un grandísimo narrador e dramaturgo e reivindicou a sua prosa.

Modesta sala

O director do centro, Carlos Chapela, tivo fermosas verbas tamén para có homenaxeado e señalou que aínda que xa tivera o seu nome nunha rúa de Moaña e fora proposto para o museo do mar de Cangas, "este acto estou seguro de que o encherá de orgullo, como persoa tan ligada ao mundo do ensino que estimulou co seu exemplo e a súa obra o afán pola lectura dos alumnos". Resaltou que non estaban ma biblioteca da Cidade da Cultura, nin sequera na biblioteca pública dun concello nin dunha grande cidade "estamos na modesta biblioteca dun centro educativo dunha vila do Morrazo e que para moitos alumnos esta sala vai ser o único escenario de contacto cos libros". Tamén dixo que nestos tempos a lectura estase a converter "nunha actividade reservada para algúns heroes da adolescencia que renuncian aos chats, whatsups, tuentis..." . Tamén dixo que esperaba que a biblioteca permita aos alumnos descubrir nos libros as cousas que non se poden ensinar nas aulas "que sintan curiosidade, que se emocionen, que rían, que choren, que empreguen os poemas para namorar". O acto remató co descubrimento dunha placa de esmalte co rostro do poeta.