Opinión | Os Camiños da Vida
As parroquias ausentes
O recoñecemento da freguesía civil ou parroquia administrativa en Galicia arrastra unha longa e encallada historia de dificultades, incomprensión e inercia que se petrifica. Considerada a parroquia desde o pasado das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista como celula básica de Galicia enteira, xa comezou a se facer administrativamente posíbel ao lle permitir a lei española saír da sombra e amosarse en forma de entidade local menor “de rango inferior ao municipio”. O feito é que as únicas freguesías recoñecidas en Galicia oficialmente na actualidade son aquelas poucas que proceden do franaquismo. Espero non esquecer ningunha: Arcos da Condesa (Caldas de Reis), Bembrive (Vigo), Camposanco (A Guarda), Chenlo (o Porriño), Morgadáns (Gondomar), Pazos de Rei (Tui), Queimadelos e Vilasobroso (Mondariz).
Despois do franquismo, o réxime borbónico vixente non recoñeceu ningunha outra freguesía como “entidade local menor” nin baixo ningunha outra denominación oficial. Desde o Estatuto Municipal de Primo de Rivera até hoxe, o nacionalismo veu defendendo e reclamando unha lei galega de autarquías locais que, coma a que rexe en Portugal, organice a totalidade dos nosos municipios sobre o alicerce das freguesías civís dotadas dunha Xunta elexida democraticamente. A UPG no seu punto 7 fundacional manifestouse, en 1965, en favor da fegresía ou parroquia administrativa, así na Galicia rural coma nas zonas urbanizadas do País. Paso decisivo na depuración do obxectivo de que se trata, foi o dado por Galicia Ceibe (OLN), organización independedntista que, na revista Espiral (Xaneiro/Febreiro, 1983) publicou un posicionamento exhaustivo so o título “A parroquia e o barrio. Polo seu recoñecemento administrativo”, da autoría de X.M. García Crego.
"Despois do franquismo, o réxime borbónico vixente non recoñeceu ningunha outra freguesía como 'entidade local menor' nin baixo ningunha outra denominación oficial"
Dentro dunha corrente que agurgulla moi atrás e se fai enxurrada reivindicativa en Castelao, a freguesía civil seguramente debería ser esixida hoxe cando o BNG acordado co PSOE parecen ter acompañamento suficiente para reclamaren unha reforma da lexislación do réxime local que lle confira entidade á célula básica do noso corpo civil e cultural cal vén sendo a freguesía desde a noite dos tempos. A lexislación portuguesa de Autarquías debería estar presente no ánimo deste debate necesario. Remata así un intenso artigo de Anxo Angueira que viu a luz en Nós Diario: “As freguesías piden estatus político constitucional. Permíteo a lei española e é o mandato dos vellos galeguistas. Elas (as freguesías), por riba de tódalas preguiceiras vistas con que ollamos a nosa realidade máis próxima, palapable e evidente, están aí: vivas, operativas, agardando”.
Suscríbete para seguir leyendo
- El cambio climático trae un tipo inédito de raya a Galicia
- Estos son los minutos que hay que caminar al día para conseguir adelgazar: muchos menos de los que te imaginas
- Preocupación por cómo ha aparecido Susanna Griso en 'Espejo Público': "Atentando contra los espectadores
- El sorprendente cambio físico de Ivonne Reyes tras su derrota judicial contra Pepe Navarro
- Marta Riesco anuncia que va a ser madre: "Un maravilloso viaje
- Muere Itxaso Mardones, reportera de Gloria Serra en 'Equipo de investigación', a los 45 años
- Aena se pronuncia tras el altercado de Piqué y Clara Chía en el aeropuerto de Madrid
- Tres detenidos por el robo de 300.000 euros en un banco de la Gran Vía de Vigo