Menores de 24 meses non pagan entrada.

Público: Familiar, recomendado a partir de 2 anos.

Idioma: Galego

En Pulgarcita, o público atopará unha historia chea de aventuras na que o noso protagonista enfrontarase ao Rei Troll Bunga Lunga coa axuda de Klaus, un paxaro poeta amarelo limón, un mariñeiro máis perdido que un peixe globo nun avión e as simpáticas libélulas de Dalton. Unha aventura que nos ensinará a importancia da amizade, a imaxinación e a loita contra a contaminación.