Aí vén o Maio cargado de flores
A celebración de festas como Os Maios reivindica o importante papel das escolas como salvagardas das nosas tradicións culturais
R.V
Calas, margaridas, fiúnchos. Durante unha semana enteira estivo facendo acopio de todo tipo de flores o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do SEI San Narciso de Marín para festexar ‘Os Maios’ como merecen.
Unha das efemérides máis arraigadas no concello que conmemoraron xunto con outros centros educativos, asociacións veciñais e entidades locais o pasado 1 de maio na praza da vila.
Non faltaron alí as cantigas nin as emblemáticas estruturas florais propias destas datas.
Unha festa con décadas de historia en Marín e coñecida como O Maio da Bruxa, precisamente polas cabezas de bruxas que rematan estas pezas manuais, a diferencia do que acontece na maior parte da comunidade, onde se opta por coroas.
De avós a pais, de pais a fillos
“O concello quere manter esta tradición e, desde o centro, levamos moitos anos colaborando para que non se perda”, comenta Marcos Márquez, titor de 5º de EP e coordinador do proxecto Faro da Escola no colexio, que da conta de como hai xa pais e nais que teñen fotos de cativos celebrando os maios e, agora, ven como o fan os seus fillos.
Protagonista indubidable deste mes, a celebración dos maios nos centros pode considerarse un exemplo paradigmático do papel que están a xogar as escolas como salvagardas das nosas tradicións culturais.
Ferramentas chave para o desenvolvemento integral da rapazada e aliadas do intercambio interxeracional, as tradicións axúdannos a conectar con outros e co noso pasado, dando sentido ás nosas vidas e dotándonos de identidade e memoria.
Unha festa, a dos Maios, que, ademais de a nosa historia, tamén nos permite achegarnos a nosa contorna e a flora local; e na que, a través das cantigas típicas destas datas, o alumnado tamén se familiariza coa crítica social, a retranca, a argumentación ou o espírito crítico.
Os primeiros exemplares chegan á redacción!
Reportaxes, entrevistas, noticias. En galego, castelán e mesmo inglés. Da conmemoración das efemérides ás pezas de fondo: pola inclusión, pola igualdade e por seguir impulsando a conexión familia - centro como piar do desenvolvemento das persoas.
Cada ano volvédelo facer: os participantes de Faro da Escola chegades con novas ideas, preguntas inimaxinables, historias locais de primeira para volver demostrar que é certo: nada mellor que a mirada curiosa e honesta dun neno para ilustrar as características esenciais dun bo xornalista.
Xa chegaron á redacción os periódicos da maior parte dos 56 centros desta novena edición do certame escolar e non podemos facer outra cousa que felicitarvos porque deixáchesnos coa boca aberta e sobre todo:a mente esperta, con ganas de ler e ler sen parar.
Shhhh! Gardádenos o segredo: pero os xornalistas do FARO xa están a ler as vosas propostas para inspirarse. Non sería a primeira vez, nin a segunda, que as vosas historias pasan directamente dos vosos exemplares direitiñas ao periódico da cidade.
Parabéns polo traballo e o esforzo porque, vendo o resultado, queda claro que vagou a pena. Agora só queda esperar o veredicto do xurado para reunirnos na gala do 13 de xuño.
- Una bola de luz ilumina el cielo de Galicia: 'Se hizo de día en plena madrugada
- El grito de auxilio de Gabriela Guillén tras la negativa de Bertín Osborne sobre su hijo: 'Lo voy a sacar adelante
- Antonio Resines se rebela contra 'El Hormiguero': "Es un programa vergonzoso en el que se ríen de los invitados
- El rey emérito se da un homenaje en la ría de Vigo: degustó el famoso chuletón de Moaña
- Isa Pantoja habla de su distanciamiento con Anabel Pantoja: 'Yo ya sabía...
- Una furgoneta destroza una cabina del peaje de Vilaboa
- Un joven salta en marcha del coche policial en la A-52 en el traslado de Galicia a Madrid
- Aparece muerto en prisión Manuel Fernández, 'el Rami', el joven acusado de secuestrar a su exnovia en O Porriño